Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas noticias do mar

lunes, 02 de abril de 2012
ALUMNOS LUCENSES PREMIADOS.
--------

Alumnos de dous colexios da provincia de Lugo foron premiados polo Clúster Martímo Español (CME) e a Fundación ECOMAR na convocatoria feita por estas dúas entidades na edición 2011-2012.

O primeiro premio foi outorgado ás clases de 2º ESO A e 2º ESO B do IES "Monte Castelo" de Burela, polos traballo "No a las cuotas de papel" e "Un mar con futuro", respectivamente. O segunbdo premio foi concedido á clase de 1º de ESO do Colexio Divino Maestro de Lugo, polo traballo "Comedores SOStenibles".

O concurso estaba dirixido ás aulas de 1º e 2º da E.S.O. de centros escolares galegos e consistiu na realización, entre tdos os integrantes de cada aula, dun breve proxecto enfocado na pesca sustentable. formulando solución posibles e realistas.

Esta actividade está enmarcada no proxecto do CME de promoción das vocacións marítimas entre os máis xoves.

O premio consiste en tres días de actividades gratuitas, nos que os escolares realizarán un curso de iniciación á vela, obradoiros medioambientais, visitas culturais e o máis atractivo: poderán navegar no buqu-escola "Gure Izar", un bergantín goleta de dous paus con 39,4 metros de eslora.

As actividades van realizarse neste mes de abril nas instalacións do Real Club Náutico da Coruña, a residencia La Laboral e en Ferrol, onde se atopa o citado buque-escola.


FLOTA ARTESANAL GALEGA.
---

Os pescadores artesanais galegos realizarán unha campaña de reivindicacións e protestas na defensa da pesca artesanal e en contra da aplicación de políticas pesqueiras que, como no actual sistema de TACs, están a afogar este sector, facendo pouco doada a súa viabilidade económica.

Con estas accións tentan chamar a atención do Parlamento Europeo e mesmo da Consellería do Mar coa finalidade de reivindicar o establecemento dun réxime e un tratamento específico para a flota artesanal na nova Política Pesqueira Común, outorgándolle unha maior importancia a esta variedade de flota que representa o 80% do tot al e primando as características socioeconómicas e medioambientnais desta flota, fronte a outro tipo de flotas que teñen un carácter totalmente diferente, que representan unha mínima parte das flotas comunitarias e que, sen embargo, están a ter máis consideración ao se lles aplicar unha normativa máis axustada a elas.

A campaña comeza esta mesma semasna coa colocación nas embarcacións artesanais de pancartas reivindicativas coa lenda "TACS AND DISCARDS ZERO=SUSTAINABLE COASTAL FISHERIES (TACs e descartes cero=pesca artesanal sustentable). A esta iniciativa xa se sumaron máus dun cento de barcos en distintos portos de Galicia e España.
Luaces Teixido, Antón
Luaces Teixido, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES