Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O que a Uned-Senior significa para nós

lunes, 02 de abril de 2012
A UNED-SENIOR, SIGNIFICA PARA NÓS:

Eu son unha muller da aldea. Unha de tantas persoas que lle tocou nacer no rural galego na primeira metade do século XX.

Naqueles tempos, non había luz eléctrica, as comunicacións eran practicamente inexistentes e o aillamento estaba servido. Neste clima tocounos vivir á maioría das persoas que agora formamos a Uned Senior de Xestoso integrada polos concellos de Paderne, Monfero e Aranga na provincia de A Coruña e os de Guitiriz e Xermade na provincia de Lugo.

Se a esto lle engadimos que a man de obra dos nenos naquela época era moi aproveitada na vida dos labradores, resulta doado saca-la conclusión das nosas carencias.

Do que non cabe dúbida é de que había persoas moi dotadas intelectualmente, pero as circunstancias non lles permitiron nin tan sequera acceder ó Certificado de Estudios Primarios á maioría.

Foron pasando os anos, fundaron as súas familias, criaron os seus fillos e atopáronse coa denominada Terceira Idade. A súa satisfacción era ver como progresaran os seus descendentes e como conseguiran unha pequena pensión que lles permitiría vivir algo mellor que os seus antepasados.

Ata aquí, todo como sempre. O de toda a vida...
Pero… un bo día chegou por Xestoso un cura chamado D. Luis Ángel Rodríguez Patiño, era un cura diferente: tiña melenas, vestía como un calquera, falaba con todos, organizaba procesións con tractores, misas con fregueses disfrazados polo entroido…e outras cousas…

Pero os parroquianos enseguida se decataron de que se trataba dunha persoa moi próxima, moi considerada, dotada dunha inteligencia prodixiosa, moi activa, moi culta, moi creativa e -sobre todo, sobre todo- moi entregada ós seus fregueses.

Pouco a pouco foi sacando a Xestos do aillamento:

Organizou asociacións, cursos de coidadores de perosas maiores e outros cursos encamiñados á formación e o benestar dos seus parroquianos.

Culminou á súa acción coa creación dunha aula da Uned Senior que hoxe en día leva varios anos funcionando e non só abarca as súas parroquias senón que tamén inclúe ós de Paderne. A Paderne chegou a Uned-Senior no ano 2008. O seu nacemento foi moi humilde. Naceu nunha casa particular e no seo dunha asociación tamén humilde, chamada “Consello de Maiores de Paderne”. A día de hoxe, somos moitos os alumnos matriculados. Xa temos acreditado o nivel I pola Universidad Nacional de Educación a Distancia de A Coruña, e xa imos polo segundo a así ata que Deus queira.

¿Qué significa a UNED Senior para nós?
Algunhas persoas xa eramos universitarias antes de matriculármonos na Senior e aínda así nos fai ilusión, moita ilusión.

Eu, persoalmente pasei toda a miña vida no ensino e agradezo infinitamente a posibilidade de seguir cultivándome nesta etapa da vida. Aprendo dos meus profesores moitas cousas, pero o que máis agradezo é o contacto cos meus compañeiros, velos como eles tamén aprenden e gozan desta etapa da vida como nunca imaxinaron. Melloran os seus coñecementos, socialízanse, elevan a súa autoestima, son un referente para os seus fillos e para os seus netos e –por que non dicilo- tamén airean os seus problemas. Son máis felices eles e fan máis felices ás súas familias.

¡Quen me dera ter o poder de entrar no interior dos meus compañeiros por un instante para gozar con eles o que experiementan cando reciben o seu diploma!

¡A expresión de xúbilo é inexplicable! ¡Desbordan! ¡Véselles radiantes! Case me atrevo a dicir que –desplois do nacemento dun fillo- sexa este un dos momentos máis importantes…

Para a Galicia rural a Uned Senior é un balón de osíxeno que dá non só vida, senón tamén calidade de vida a un sector que estivo abandoado durante moito tempo.

Se poidera pedir un desexo para a miña querida terra galega, pediría a quen correspondera que se instalara a Uned-Senior ó largo e ancho de toda a nosa Galicia rural.

E se poidera pedir aínda algo máis pediría que se deran cursos de formación continuada ó longo de toda a vida.

O noso físico necesitamos alimentalo cada día…¿Qué pasa coa nosa vida intelectual, afectiva, emocional e espiritual?
Non existe? Deixámola que siga aletargada..?
Ou corre présa cultivala?

Graciñas á Uned-Senior de A Coruña
Moitas, moitas grazas ó pai desta fenomenal idea:
Rvdo D. Luis Ángel Rodríguez Patiño.

Paderne, 28 de marzo de 2012.
MERCEDES CACHAZA PLATAS
(Alumna da Uned-Senior de Xestoso-A Coruña)
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES