Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xoves ao sol

viernes, 30 de marzo de 2012
Este xoves foi para min un día extraño. Porque é a primeira folga que me atopa xubilado co que coma os parados- non poido nin teño de que facer folga, xa que todo ó que agora me dedico é voluntario e non ten consideración laboral.

Nas folgas que ata agora vivín case sempre renunciei ao dereito a folgar e acudín ao meu traballo. Só unha vez fun á folga, e non recordo cal folga nin cal foi o motivo, o que si sei que sufrín o correspondente desconto na nómina mensual, sendo dos poucos do meu contorno que tal fixera.

Sempre fun partidario de que cada quen fixese o que lle viñese en gana, e que o que quixese ser folguista por un día o conseguise en total liberdade e o que tivese vocación de esquirol – aínda que agora esta palabra non se usa- que puidese facelo sen problema de ningún tipo. E a verdade é que nunca fun acosado moralmente, aínda que outros funcionarios si o foron cando lles facían pasillo para entrar na Xunta breándoos malamente.

Porque unha folga xeral, convocada polo motivo que sexa, ten que ser expresión de liberdade para que á vez sexa demostración de forza laboral ou sindical que permita facer presión cos argumentos expresados, e obrigue ao goberno correspondente a tomar as decisións oportunas.

Pero se hai piquetes informativos que se desmandan, se se botan sustancias que estropeen as pechaduras para que non se poidan abrir, se se colapsa á forza algún servizo, a folga desacredítase pola súa base e o resultado pode ser unha merenda de negros, que o ten sido case sempre.

Eu vivo na Milagrosa. Pola mañán, asomeime á fiestra, e vin que o bar A Nosa Casa estaba aberto, e Marisa e Suso estaban á faena. Souben por iso que había normalidade absoluta.
Levei o meu neto maior ao colexio, que a profesora xa onte nos dixera que ela ía estar no seu posto. E a silicona colocada nas pechaduras do centro non foi quen de conter o interese dos pais en deixar alí os seus fillos. Moitas ducias de nais de familia, mozas –eu debía ser hoxe o único avó- enfaenábanse como é habitual en deixar alí os seus fillos de catro, cinco e seis anos, cunha normalidade que se o calendario e as mensaxes sindicais non dixeran o contrario ninguén tería conciencia de que hoxe é un día diferente. Máis aínda: como só había unha porta para entrar, aquelo parecía unha manifestación.

Abertos os bares, as tendas de comestibles, a froitería, un taller de fontanería, uns obreiros traballando nun baixo... Só unha floristería con cartel de folga... No centro, máis peches ca nos barrios; máis presión; máis control. Os sindicatos deberían ser conscientes de que non era o momento, coa que está caendo, de facer ningún esforzo neste difícil campo. E pensar que o único que conseguen é o cabreo da poboación civil e do pequeño comercio que enche os cristais con anuncio de folga para que non lles estropeen a pechadura do comercio, co que a perda é doble. Pero xa anda por aí unha mensaxe de que botando aceite nas pechaduras non pega a silicona. Tomemos nota para futuras ocasións.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania