Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Goberno Amigo

viernes, 14 de enero de 2005
A teoría política establece que os servidores públicos teñen que ter por riba de todo a alta mira do ben común, sen acepción de persoas.

O gobernante decide os asuntos da súa competencia pensando en que as súas decisións beneficien á maioría, sexan ou non das súas mesmas ideas.

Deste xeito, o político é amigo do pobo. Xa non digamos o Goberno: O Goberno é amigo de todos, por ser amigo -devoto- do ben común.

En Madrid, gracias a Deus, hai un goberno amigo.

Dicíano os políticos do Partido Popular de Galicia cando en Madrid presidía Aznar o goberno do Estado. Goberno amigo que garantía solución a tódolos problemas presentes e futuros.

Cambiaron as tornas en Madrid. E os do P.P. xa non falan do Goberno amigo a pesar de que -por definición- aínda cambiando a cor, segue a ser amigo dos memos que o anterior.

A cousa quedóume clara gracias a unha expresión da cualificada política, membro do goberno, Ministra Magdalena que falou en Lugo -onde recibía un premio- do "Goberno amigo". Non explicou máis, pero tampouco facía falla.

Non é que todos sexan iguais no mundo da política. Non. É que todos teñen as mesmas altas miras, e son amigos non só dos amigos senón tamén dos que non son amigos; de todos.

Goberno amigo. ¡Que ben!.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES