Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Venda de entidades bancarias

viernes, 30 de marzo de 2012
Cando unha empresa se vende, o adquirente recibe as infraestructuras, as estructuras, os elementos humanos e a dinámica empresarial, dentro dunha operación que pode ser evaluada en miles de millóns de euros como a compra de Fadesa por Martinsa que aínda agora ven de fallarse un contencioso sobre esta valoración, ou a recente compra de varias caixas de aforros catalanas polo Bbva polo importe simbólico dun euro.

É curioso eso de que se adquiran os “elementos humanos” nun tempo no que a esclavitude suponse non existe, polo que cabe supoñer que esa parte da compra hai que entendela como asunción por parte da empresa compradora dos dereitos e dos deberes que a empresa anterior tiña cos seus traballadores.

Pero que se vende cando se vende unha oficina bancaria, como parece que está ocorrendo en Galicia e no resto de España?.

Pois que a entidade que merca, que deste xeito consegue instalarse nunha determinada praza ou reforzar a súa presencia nun area do seu interese, co cal xa de por si fai unha operación interesante, tamén recibe as infraestructuras e as estructuras, a dinámica empresarial, os elementos humanos, os depósitos dos seus clientes e as súas contas correntes. Co que, algún cliente da entidade que pode ser un “cliente de toda a vida”, vencellado animicamente á entidade de creto, pode resultar “expulsado” por ela, e transferido ó novo banco ao que no ten porque terlle ese mesmo agarimo.

Algo así ocorreu na recente fusión de Caixa Galicia, producto da fusión de Caja de Ahorros de la Coruña y Lugo e Caja de ahorros provincial de Lugo, con Caixanova, producto á súa vez da fusión de Caixa Vigo con Caixa Ourense.

Caixa Galicia tiña como número de identificación bancaria o 2091, que figuraba en todas as súas contas. Caixa Nova tiña o 2080. Pois como nesta ocasión xa non se sabe quen comeu a quen e cal era o peixe pequeño e o peixe grande, agora todas as contas da Caixa Galicia levan xa o número de identificación de Caixa Nova, o 2080, desaparecendo o anterior. E a nova entidade xa non é unha Caixa que é un banco.

Mentras tanto, xubílase a xente adiantando datas e favorecendo as decisións de xubilación voluntaria, péchanse oficinas por resultar duplicadas cando as dúas entidades tiñan presencia no mesmo lugar, búscase clientela debaixo das pedras, e non parece levantar cabeza a pesar de que o goberno mima as entidades bancarias coma as nenas dos seus ollos.

Quizá a solución está neso, en vender ao mellor postor, oficinas e locales, traballadores e clientes. A fin de contas un banco ou entidade de crédito non ten porque ter corazón e o seu negocio está en comprar diñeiro o máis barato posible e vendelo caro, gañando na operación. E nós, no medio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania