Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os outros indignados

jueves, 29 de marzo de 2012
Resulta algo inxenuo confiar a groseiras precisións aritméticas a interpretación de cousas tan confusass como as eleccións.

Referirémonos aquí, por exemplo, ó actual caso andaluz 2012.

Soslaiando os superferolíticos comentos con que nos aburren a cotío certos analistas -nunca de acordo entre eles, nin por equivocación-, con seguridade e dentro das regras do xogo, so podería dicirse que o PSOE e o PP empataron (con votacións do 39,52 e o 40,66% respectivamente), que IU perdeu claramente (con un 11,34 %) e que practicamente UPD e PA desapareceron. A lóxica dos escanos non podería en cambio utilizarse xa aquí coma un indicador proporcional do sentimento votante e, en canto a lóxica da gobernación, ésta xa non podería selo en absoluto: curiosamente a gobernación seguramente será outorgada ós perdedores e negada ó gañador. Pero o peor é que a chave de tal aberración estea precisamente en mans dos perdedores que, polo simple feito de acordalo, poderán obter así un poder indesexado e doutro xeito inalcanzable.

Pese a elo, os escanos e a gobernación -e non a opinión- son o centro dos analise político en marcha. E todo elo invocando sofisticada e agresivamente, por ambas partes, un pragmatismo e unha sinceridade diagnóstica encanalladas pola norma.

O máis machucante de todo é que o silencio, inda que mencionado, apenas se contabiliza como opinión. Pero, coma semellan corroborar as estadísticas comparativas doutras eleccións, o silencio é intencionado, o SILENCIO É UN “VOTO” que procede sobre todo do rechazo e da indiferenza. Para máis inri, o silencio, valorado agora dentro da totalidade da opinión electoral, presenta un desvastador 38% de partidarios frente a sendos 25%, que nestas mesmas condicións, evidenciarían xa claramente o curioso i equilibrado fracaso PSOE/ PP.

A realidade real –ata aquí hai que matizar- é que estadísticamente Andalucía non semella querer estes resultados; que probablemente, frente a contundencia da realidade, o que rechaza é a postura ideolóxica -ese ideario artrítico-.

O que é seguro é que hoxe en día non hai dúas Andalucías senón tres e pode que a maior delas conteña xa máis futuro do que se pensa.

Algo semellante sucede xa en toda España. Este é a cuestión.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES