Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mañá, festa laboral

miércoles, 28 de marzo de 2012
Mañá, convocada está, teremos folga xeral promovida polos sindicatos maioritarios a escala estatal.

Non sei se é impresión miña, ou poucas veces unha folga xeral veu acompañada ou precedida de tanto silencio, posiblemente porque o tempo non permita nin siquiera alegrías coma estas. E podemos estar convencidos de que procede –ou non- ir á folga, pero coidamos que tal como están as cousas ata ese esforzo, inversión de tempo e diñeiro, vainos costar demasiado.

Noutras folgas, os organizadores ían quentando motores con antelación, de xeito que os posibles folguistas fosen entrando en materia, animándose ou retroanimándose. Este ano, non noto ningunha medida nese sentido.

Da a impresión de que os sindicatos non tiveron máis remedio, para manter o tipo, que convocar esta folga diante das medidas tomadas polo Goberno para regular o mercado laboral, esixidas desde instancias superiores da Unión Europea, e satisfactorias para os colectivos empresariais, pero sen que ninguén estea convencido de que con esta regulación se vaia crear emprego que é na actualidade o máis grave problema que ten a nosa sociedade.

Que non haxa preparativos ostensibles ou campaña previa non quere dicir que a xornada vaia pasar sen pena nin gloria, polo que só cabe pedir – esixir- que se respecten os dereitos de todos, e que vaia traballar o que queira traballar, e faga folga o que queira facer folga, sen que elementos extraños de ningún tipo interfiran sobre a liberdade de cada un de nós.

Digamos que eu persoalmente, como xubilado, quedo fóra da convocatoria, por activa e por pasiva, pero xa me gustaría saber o que vai ocorrer cunha citación médica á que teño que concorrer á primeira hora da tarde.

E paréceme un bo sinal de prudencia a decisión do alcalde vilalbés de cambiar o pleno que se ía celebrar o día da folga, para que non se entenda como unha provocación aínda que supoño que ningunha normativa impediría sinalar para este día os actos que institucións ou particulares estimen pertinentes. Pero mellor é ter as festas en paz, e se mañá vai ser unha festa laboral, celébreo cada un como queira.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania