Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O lado Feminino

jueves, 13 de enero de 2005
Non son muller. Pero imaxino o que pode sentir unha muller, e considero que eso de "parir con dolor" xa non está vixente.

E se alguén cre que si, é que non pariu ou non trata a ninguén que parira.

A miña muller pariu sen dor hai case trinta anos, aínda que para eso tivemos que ir á medicina privada.

Agora a eso chámaselle "Epidural". E a "Epidural" -poñamos que falo de Lugo- só se lle aplica ó cincuenta por cento das embarazadas ó dicir da dirección médica do centro hospitalario Xeral-Calde, mentras que a Cig afirma que só foi ó dezaseis por cento.

Eme igual. Como se fose do noventa e cinco por cento, xa que sempre habería unha porcentaxe por pequena que fora que resulta agredida no máis profundo.

Se algunha muller hai que -pola convicción que sexa- quere sufrir ó dar a luz para sentir "en profundidade" o feito da maternidade, vale. Pero que ningunha sufra á forza por razóns que en último termo sempre son económicas.

A estas alturas xa non lembro o que pagamos hai trinta anos por parir sen dor.

A miña muller pasouno mal previamente, pero "durante" non se enterou.

Eu, trinta anos despois, aínda me dá un "repelús" lembrar as dores previas, e aínda me parece sentir eu as contraccións aló por baixo. Non quero pensar o que me "doería" se ademáis houberamos "aforrado" no da dor do parto.

Sen embargo, os rectores da sanidade galega poden dormir tranquilamente ó ter conseguido mitigar a dor do cincuenta por cento das mulleres que dan a luz en Lugo. ¿Aplícanlles unha pequena dose desa "Epidural"?.

Eu non creo que sexa imprescindible que o Director médico sexa muller, que o Conselleiro sexa muller... aínda que malo non sería. Quizáis só é preciso que os que gobernan a sanidade galega teñan a sensibilidade -independentemente do seu sexo- dunha persoa normal; a sensibilidade de calquera home que teña adecuadamente desarrollado "o seu lado feminino".
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES