Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aniversario da Uned

miércoles, 28 de marzo de 2012
ANIVERSARIO DA UNED

DE DONDE VIMOS E A DONDE IMOS

A LAREIRA

Eu crieime nunha casa da aldea na que había unha lareira da que gardo moi bos recordos, e, -se mo permitides- vounos compartir con todos vós:

A lareira situábase nun ángulo de cociña. Estaba formada por varias lastres de pedra dun tamaño moi considerable que non sei como pudieron facer para carretalas desde o monte por aquelas corredoiras intransitables.

A súa forma era cadrada. Por dous lados limitaba coa parede da casa.

Ó pé da parede había sendos bancos de madeira onde se sentaba a familia para quentarse, charlar e outros labores. Nalgúns casos había un banco de respaldo por un dos outros lados. Os bancos que daban á parede non tiñan respaldo para eso estaba a propia parede

Na parte superior da lareira, a unha altura dunha persoa, máis ou menos, estaba a cambota da cheminea que servía para recoller o fume e canalizalo cara á cheminea e ó exterior.

A casa dos meus padriños tiña cheminea, pero había algunha casa naquela aldea que non a tiña e o fume saía por riba da tellas.
No interior da cambota estaba o caínzo que era unha estructura de baras de carballo. No caínzo secábanse as castañas, os quiexos, etc.

Polo borde exterior da cambota había un estante onde se gardaban os mistos, a pedra para afía-la gadaña e outras cousas que non recordo.

Polo lado interior do estante había varios ganchos onde se colgaban os touciños, os xamóns, os lacóns, os chourizos, o unto, etc.

Tamén había un gancho para colga-lo candil que era o encargado de alumear pola noite.

A lareira tiña moito usos:

-Aproximadamente no medio facíase lume. Antes de encende-lo lume pañíanse uns carabullos enxoitos en forma de cabana de indio e debaixo unha presa de palla á que se perendía o lume cun misto. Cando era inverno e os mistos non encendían porque estaba húmidos, metíanse debaixo do sobaco para quetalos.

-Encima da leña poñánse os trébades, sobre os cales se colocaba a pota de porcelana que se furaba con frecencia e poñíaselle un remache no burato, o pote de face-las papas de arroz, a tixola, a caldeira onde se cocía para os animais…etc.

Dese xeito se cociñaba o caldo, fervíase o leite, facíanse as papas, as patacas con carne, os cachelos con sardiñas, facíanse os roxóns pola matanza, cocíase a cachola polo entroido e outros partos típicos.

Cando se destapaba a pota para remexer, era normal que saltaran dentro algunhas charamugas, pero ninguén se escandalizaba por eso.

Pero o que máis me impresionou a min da lareira foron as miñas vivencias nela:

-Cada membro da familia tiña o seu sitio asignado e tamén a súa función.

-O meu padriño era o xefe da casa porque era o maior. Chegaba a noite e sentábase sempre nos mesmo sitio. Acto seguido, collíame no colo e contábame contos.Todos tiñan unha moralexa. Cantábame cantigas. Tamén tiñan unha moralexa. Recordo unha que dicía: Baixa Pedro do valado, te-lo calzón roto e véseche o canoto.

Tamén me ensinaba moito cálculo mental. Falábame de reais, patacóns, perras chicas e outras moedas. Do que costaba unha vaca, un cuxo, un ferrado de millo e cousas da vida

O que nunca faltaba eran as oracións, as vidas de santos, o que había que aguantar porque Noso Señor sudara sangue, etc

Naqueles tempos os nenos blasfemaban e eso meu padriño non o toleraba e decíame: “Cando queiras falar mal, vai á sella, e enche a boca de auga”.

Máis tarde observei que meu padriño ía moitas veces beber.. Unhas sería por sede e outras por non decir o que se lle viña á mente naquel intre.

-A miña madriña ocupaba outro lugar no banco. Cada noite
peiteaba a súa longa melena e a continuación facía unha trenza que enrollaba non sei como porque sempre traía a cabeza cuberta cun pano da cabeza.

Mentres se peiteaba tamén aproveitaba para contarme historias e facerme as súas recomendacións:

Insistía moito en que nunca mentira nin contestara de mala maneira. Había que contestar: “Si, señora” “Non, señora” E tódalas frases rematalas “ Se Deus quere” e moito coidadiño de non tirar unha pedra pois despois de que sae da man non se sabe onde vai dar…

E cando vaias a unha casa de fóra non collas nada,
Dis: “Non señora, grazas”

Cando non me quedaba dormida na lareira, miña madriña levábame no colo para a súa cama e metíame no medio do padriño e máis dela, pero ó día seguinte sempre aparecía soa na miña cama.

A miña tía, despois de facer os labores de ama de casa, ensinábame a ler no silabario á luz do candil. Eu entendía a o I de iglesia e o U de uvas, pero nunca vira un elefante e daquela non daba asociado o E co elefante.

Pero a experiencia máis impresinante foi cando eu preguntei de onde viñera, como nacera.
A resposta da miña tía foi:

“Saíches por ese buratiño pequeno que ten aí a lareira (Era unha pequena ranura entre dúas laxes)

E o padriño dixome: “Eras pequeniña como unha espiga de millo” Esa foi toda a desposta.

Foi pasando o tempo e o resto funo descubrindo pola miña conta.
Se lle lemos esto a un neno de hoxe en día, pensa que era unha miseria e que viviamos na prehistoria.

Miseria, había canta se quería pero a formación da personalidade dos nenos ata os tres anos era moito máis sana que a de hoxe en día con tantos adiantos.

Que me pasou esto xa hai sesenta anos pero aínda o recordo con moito cariño.

“Os primeiros anos da vida dunha persoa márcana para ben ou para mal para toda a vida”

DE DONDE VIMOS E A ONDE IMOS

Día da Uned

Paderne, 28 de marzo de 2012

Aportación da alumna: MERCEDES CACHAZA PLATAS
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES