Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os dereitos perdidos

martes, 27 de marzo de 2012
A don Juan Rossell, presidente da patronal de patronais en España non lle chega con ser o que é desde a súa plataforma omnipotente e xa dicta, agora sen moito disimulo, o que o Goberno que preside don Mariano Rajoy debe facer. Por exemplo, regular o dereito á folga, algo que consagra nada máis e nada menos que a Carta Magna que nos outorgamos os cidadáns españois.

Acadada como ten a reforma laboral, Rossell preconiza un golpe de temón e vira a estribor, cada vez máis a estribor, a gamela socio-laboral para obter resultados que só implican máis beneficios á economía das empresas, recurtando os dereitos dos traballadores a, nun momento determinado, sumarse a unha convocatoria de folga que debe vir apoiada na formulación duns sindicatos que, sen ser hoxendía a excelencia sindical que o traballador precisaría, sí son os órganos representativos dese sector da produción que son o verdadeiro sostén, neste caso de Galicia.

O día 29 os galegos, como o resto dos traballadores españois, están chamados a participar nunha folga xeral. E xusto como contraposición a este chamado, o presidente dos empresarios españois destapa o tarro das esencias e proclama a necesidade de que se regule o dereito de folga. (Non sei se contempla tamén a regulación da folga patronal).

Sería feliz coñecendo que trama o señor Rossell. antes de que o Goberno Rajoy leve a Consello de Ministros e posteriormente ás Cortes unha proposta de recurtamento dos dereitos dos traballadores en oposición aos dereitos que tamén corresponden ós empresarios. Porque é ben certo que o señor Rossell escribe a folla de ruta que nestas materias sigue o Executivo de Madrid.

Un día destes vannos dicir o que temos que votar porque, á vista do que hai, é evidente que non somos maiores de idade.
Luaces Teixido, Antón
Luaces Teixido, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES