Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inventario

miércoles, 28 de marzo de 2012
En calquera empresa existe un inventario, que reflicte os valores mobles e inmobles, e mesmo hainas que adoitan pechar un tempo determinado ao final de cada ano para poñer ese inventario ao día.

Ese inventario é especialmente necesario na Administración, de calquera nivel, pois ao ser bens de propiedade pública os seus administradores teñen que facer periódicamente exame da situación e poñer ao día o reconto de bens e presentalo diante dos seus propietarios, que somos todos nós.

E sería desexable que nas institucións públicas con rectores que se renovan periódicamente, ese inventario fose asinado polos saíntes, como sinal de conservación e respecto, e polos chegados para no seu momento xustificar que se fixo con eses bens.

No Concello da Coruña non debe existir ese inventario, ou non se pasa aos novos administradores unha relación de “existencias”, conservación, destino e utilización, xa que hai poucos días se fixo pública a incrible noticia de que teñen desaparecido 205 bens histórico-artísticos que os actuais rectores se empeñan con toda lóxica en localizar e recuperar.

Nestes tempos no que os ben públicos se aquilatan para mellor administralos, a desaparición de obxectos de arte no concello coruñés produce en todo galego sensible un profundo desasosego, non mitigado porque a cifra se vexa reducida ata a de 165 pezas en paradeiro descoñecido ao ser recuperadas algunhas, dadas de baixa por destrucción outras, e o coñecemento do tema poña en garda a todos os que confían nunha axeitada función dos poderes públicos, e un respecto escrupuloso dos bens que son de todos aínda que sexan administrados, ususfructuados, por administradores que todos eliximos e aos que temos que esixir fidelidade na custodia e rendición de contas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES