Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desgaste

lunes, 26 de marzo de 2012
Considérase que o poder desgasta a quen o exerce, pero que máis desgasta non telo ou non exercelo.

O Partido Popular leva exercendo o poder en España uns meses, nos que fixo nacer unha controvertida reforma laboral, mellor aceptada fóra que na casa, e polas empresas mellor que polos traballadores. E sen embargo os comicios de onte non rexistran unha reacción a través do voto en contra da liña emprendida polo Goberno. Pero si unha contención do que parecía unha marcha imparable na conquista do poder nas diversas circunscricións. Certo que Asturias e Andalucía foron sempre reductos ben difíciles para o Partido Popular.

O desgaste que o goberno andaluz sufríu non foi quen o Partido Popular de aproveitalo, e se o PSOE perde 9 deputados o PP só aumenta tres quedando os seis restantes para que Izquierda Unida duplique a súa presencia no Parlamento de Andalucía. Algo mellora o PP, pero o voto andaluz segue a ser mayoritariamente de esquerdas.Moderado aumento pois do PP en Andalucía cando se andaba a xogar con enquisas dunha lonxana maioría absoluta.

Andalucía foi o indicador de que o PSOE permanece de pé aínda que estea afrontando unha travesía do deserto, aínda que sexa camiñando sen rumbo e agardando a xeito de maná de líderes e ideas que permitan participar en manter este país a flote, e no seu momento loitar pola alternancia na gobernación, que agora parece tan lonxana.

E Asturias, tan socialista sempre, máis do mesmo. Aínda que se Foro Asturias (o maior perxudicado pola convocatoria electoral), e PP, condenados a entenderse, non se poñen de acordo, os socialistas como forza máis votada nunha moderada victoria poden gobernar o principado.

Os comicios de onte non modificaron sustancialmente o mapa político aínda que parecen ser aviso para navegantes confiados. Non hai desgaste sustancial, pero tampouco marcha triunfal para ningún dos dous grandes partidos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania