Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Internacionalizar

viernes, 23 de marzo de 2012
Andan as institucións empezadas en que as empresas nosas se relacionen co exterior, internacionalizando a súa actividade. Aínda que visto está que só unha pequena minoría terá papel no exterior, cometidos que desempeñar e productos que vender fóra das fronteiras nacionais en competición directa cos empresarios de cada país.

E sen embargo, non é posible entender o mundo como antes o entendiamos, limitado por fronteiras que se pechaban a actividade hacia o exterior tamén protexían de invasións extranxeiras que tiñan que afincarse dentro do noso territorio para convertirse en empresas e produccións nosas.

Desde a constitución da Unión Europea, os nosos límites non están nas fronteiras galegas, nin españolas, nin no Eixo Atlántico. As posibilidades son moito máis grandes, garantidas pola libre circulación de persoas e productos.

Así que a internacionalización que se pretende non é máis que a libre circulación deses nosos productos por toda Europa, coas naturais limitacións da competitividade en relación cos productos similares dos respectivos países. Pero tamén esa internacionalización fala da libre circulación das persoas, abrindo as fronteiras para que veñan o resto dos europeos e para que os europeos de aquí poidan acudir a intentar traballar e competir no resto dos países pertencente á Unión.

Fan ben as institucións en intentar convencer aos empresarios de asomarse ao exterior, sabendo que os empresarios e os productos do resto de Europa están entrando na nosa xeografía complicando unha situación aberta que nada ten que ver co comercio imperante entre nós hai só un cuarto de século.

Ou nos internacionalizamos, ou quedamos sitiados na nosa individualidade. Hai que competir, ser competitivos, e producir con visión europea sabendo que podemos e debemos chegar moito máis lonxe, antes de que outros ocupen os lugares que nós podemos ocupar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania