Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coches eléctricos

jueves, 22 de marzo de 2012
En calquera festa que se precie, os coches eléctricos eran parte fundamental ata que as novas atraccións máis voluminosas, mais dinámicas, ocuparon os primeiros postos da atención popular, pero aínda así cando se fala de “coches eléctricos” estamos a falar dun divertimento popular para grandes e pequenos, especialmente en tempos de festa.

Hai uns anos, os novos coches eléctricos, pensados para as persoas e para sustituir ou complementar aos que funcionan movidos por combustibles derivados do petróleo, deron esperanzas aos que pensábamos que era posible abaratar ese mercado e consumir enerxía limpa, non contaminante, a precios asequibles para todos.

O Goberno aportou axudas para o sector e os consumidores, de xeito que cada vehículo eléctrico contaba con subvención importante, pero o tempo e a economía xogaron na contra do novo sistema, e a malfadada crise encargouse de botar por terra o que puido ser unha iniciativa destinada a un triunfo rotundo.

Dentro do capítulo de contención do gasto, o correspondente Ministerio reduce de xeito drástico as axudas para a compra de vehículos eléctricos e o mercado mostrase escéptico diante do futuro e o escaso presente do actual mercado, co que case pode darse por sepultada, ou alomenos ralentizada, a incorporación dos vehículos eléctricos no panorama automobilístico actual.

Que a autonomía destes vehículos fose moi limitada puido ser un importante factor na contra do sistema, e diante da crise existente na compra de vehículos ninguén ousa apostar de xeito decidido por estes novos vehículos que tanto prometían hai moi pouco tempo.

Vai resultar que a crise nos afectará de xeito moito máis profundo do que nunca poidemos calcular. Este é tan só un síntoma. Pero ese síntoma corta o futuro dunha importante rama da industria do automóvil que tardará en volver poñerse de pé.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania