Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subvencións

martes, 20 de marzo de 2012
Nestes tempos de crise álzanse voces individuais ou representantes de c olectivos que abogan por unha radical desaparición das subvencións nos máis diversos ámbitos, para que todos xoguemos en igualdade de condicións as competicións nas que participemos.

A última voz que saibamos se ten pronunciado sobre o tema é a do Vicepresidente da CEOE que ven de pedir publicamente que e supriman as axudas públicas ás organizacións patronais e aos sindicatos, e que estas agrupacíóns vivan das cuotas dos seus afiliados.

Neste país, que se ten considerado un país subvencionado polas numerosas axudas públicas existentes, directas e indirectas, para promoción de determinados aspectos, compensacións por servicios prestados ou fomento de produccións ou accións, existe un clima subvencionador no que se mergulla a nosa sociedade tentando beneficiarse no aspecto propicio, sexa para particulares, empresas ou entidades en principio sen fins de lucro.

O tema é vello. E un dos aspectos descollantes na desigualdade de trato por parte da Administración é a afiliación forzosa a entidades como as Cámaras de Comercio, que ven de desaparecer co que existe perigo certo de colapso do sistema. As Confederacións de empresarios son de afiliación voluntaria, como asimesmo os sindicatos, pero aparte das subvencións que lles poidan corresponder polo capítulo que sexa, tantos unhas coma outros reciben sustanciosas aportacións oficiais no capítulo de formación, que poden non ser consideradas subvencións, e poden mesmo non entrar en colisión coa actividade dos centros de formación de iniciativa privada ou pública, pero complican o panorama formativo e económico, precisamente nun momento que se procura o “adelgazamento” das administracións e o aforro de caudais públicos.

As subvencións están reguladas por normativa legal, e xeralmente son públicas. Pero teñen “mala prensa”. E mentras o propósito da súa concesión é o de fomentar actividade ou producción que doutro xeito peligraría, a crenza popular – e a de moitos estamentos políticos- é que deben desaparecer. E veno de proclamar un representante das entidades beneficiarias da situación.

Cambiarase o sistema para que nada cambie. E non está mal, sempre que sexan axudas concedidas con fines determinados, de interese público, de convocatoria pública e concorrencia competitiva con baremos coñecidos e claros, co que obterán axudas os que mellor apliquen esas subvencións e os que garantan (as trampas que sexan a excepción) a correcta aplicación das denostadas subvencións.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES