Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xadrez

martes, 11 de enero de 2005
Con millóns de devotos en todo o mundo, o máis que milenario xogo do xadrez, coido sexa o único xogo que disfruta da consideración de deporte e xogo cultural ó mesmo tempo, respectado por todos e practicado en tódolos ámbitos da vida.

Porque unha cousa é o xadrez real, o das 16 figuras de cada bando nun taboleiro de 64 casiñas, e outra o xadrez figurado, que se xoga no tableiro do mundo, e no que as figuras son substituídas por entes figurados e os movementos por accións nun determinado sentido, que van conformando unha estratexia cun determinado fin.

Por eso o xadrez é o máis parecido á política. Por eso a política é o máis parecido ó xadrez. Por eso Galicia, como toda entidade, é un grandísimo taboleiro onde se está a xogar unha interminable partida de xadrez.

Loxicamente, non se xoga só a dúas bandas. Nestes momentos os xogadores son moitos máis, aínda que os principais son tres: O PP, tentando achegarse ou que se achegue o BNG co pretexto do Plan Galicia, para facer frente común diante do Psoe. O Psoe, tentando que o Bng non se alonxe demasiado por se a finais deste ano ten que botar man del para gobernar. O Bng deixándose querer e teimando por ser chave nunha estructura que xa
renxe antes mesmo de que sexa unha posibilidade. E outros, como o Partido Galeguista, tentando que tamén se conte con eles para o futuro aínda que no presente sexa só unha quimera.

Os movementos no xadrez da política sucédense. O último, polo de agora, que pensando en Galicia parece absolutamente necesario, é ese común frente a prol do Plan Galicia polo que os galegos suspiramos con pouca fe.

Os alfiles andan tolos. As torres defenden o que poden, mentras os peóns van dando toda a leña que as circunstancias permiten. Agárdanos un ano ben movido. Por agora é xadrez. Logo virá o teatro. Que ten partes tráxicas e partes cómicas. E por fin a realidade, que sempre supera a calquera ficción.

-----------------------------------------------------------

Gostaríanos coñece-las súas opinións: "xulio@galiciadixital.com"
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES