Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A sequía e san Gonzalo

martes, 20 de marzo de 2012
É evidente que a sequía pertinaz que padecemos, non ven a aliviar precisamente esta situación de crise galopante. Ao contrario, pronostícase que a ausencia de choivas vai agravar as condicións de vida nesta época tan complicada, social e económicamente, que define o profundo deterioro que dispara tódalas alarmas. Nese senso, os focegos vemos mais doado que se resolva o problema da sequía, pois ésta ten unha connotación divina, que o resto das circunstancias, as definitivas, que están só en mans humanas, sobre todo dos políticos, e xa se sabe…

Non quer isto decir que os de Foz nos sintamos mais preto dos santos e dos anxos que os habitantes do contorno. Trátase só de que nos anais de noso pobo existe un precedente que é o que neste caso nos da esa confianza que inspira a tradición.

É sabido que, alá pola alta Idade Media, deuse na bisbarra unha experiencia semellante ó pasar un tempo excesivo sen caer unha gota de auga no chan. As xentes, atemorizadas ante a situación, e ó carecer de todo recurso tecnolóxico, nen de outra índole, pregaban a Deus para que enviase sobre a terra o líquido elemento que os redimira daquela anguria, e aínda, co obxetivo de facer mais forza ante a Súa Divinidade, organizaban as consabidas “rogativas” nas que participaba todo o vecindario, e nen así. Deus facíase o xordo.. Á vista de tanta frustración, alguen tivo a idea feliz. Eran os tempos do reinado de San Gonzalo, o Bispo Santo,
na catedral de San Martiño que, como era público e notorio, tiña acreditadas as dotes de milagreiro, pois a sona de tal chegaba ós confins do Universo, tralo afundimento pola sua intervención da Armada Normanda que se dispuña a invadir os pobos do litoral.

Como, que se sepa, daquela non había alcaldes nen concelleiros (ou as crónicas nada dín ao respecto), o pobo de contado púxose dacordo e nomeouse unha comisión de veciños dignos (hoxe sería unha “plataforma”) para que espuxeran ó Santo Bispo o que era motivo de desacougo entre a poboación; e conta a lénda que iste, receptivo á petición da súa grei, quitándose unha das sandalias que calzaba e lanzandoa afastada dil, onde foi a caer brotou a auga formando a que dende entón foi, i é, a Fonte da Zapata, que se convertiu nun fito carismático desa pérola da arte e da historia que é San Martiño de Mondoñedo,

Dende tempos tan lonxanos a Fonte, tan querida polos veciños, permaneceu preto da igrexa, en lugar destacado, como ornato do seu contorno, ata que por mor das importantes obras de restauración polos anos 60 do século pasado, cambearon o seu emplazamento, quedando en plano inferior, medio oculta, menguado o seu protagonismo na paraxe que delimita o conxunto histórico e artístico, coa contrariedade da veciñanza que en numerosas ocasións manifestaron o seu malestar, pedindo que voltase á situación anterior, o que non conseguiron.

Ramón María Vila, a quen hai moitos anos definímos como “labrego con alma de poeta”, dixo: “Fuente de la Zapata,/ lo que con el tiempo sufriste, / antes dabas la cara alegre / y ahora das el culo triste”.

O compromiso de San Gonzalo con Foz e a auga, é algo que se compre puntualmente ó longo dos séculos, pois os focenses sabemos moi ben que se non é antes, o día da romaría do Santo, arredor da súa capela no alto da Grela, en maior ou menor medida, choverá. É decir, o Bispo lexendario, mantén sempre viva a súa intercesión. Daí que un coide que os focegos, moito mais que nos políticos, confíen en San Gonzalo; non é de estranar.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES