Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un sol de carallo

lunes, 19 de marzo de 2012
A Á espera do café. Unha moeda de dous euros, outra de cincuenta céntimos, un móbil, un reloxo e un libro sobre a mesa na que estou a escribir.

O café xa chegou e a moeda dos dous euros xa voou. Pausa para tomar outro café. Ou polo menos para un sorbo. Por agora, un sorbo. Xa que está quente.

Creo que é Phil Collins o que está cantando polos altofalantes da piscina da Valenzá. Outro sorbo. Pero, primeiro, remexín algo máis o café. Para que o azucre non se apousente todo no fondo. Café tomado.

Os cincuenta céntimos son de Alán. Díxome que llos gardara. Cinco e media da tarde. Vai un sol de carallo. Alán, na piscina cos seus amigos. Xoel anda de convivencia? cos de Mondariz alá por aquelas terras. Chegará sobre as sete ou sete e pico. Despois, o pobre, ten que ir dereitiño á academia.

Sobre as lousas marróns pasou, fugaz, a sombra dun paxaro. Sobre as lousas marróns os nenos máis pequeniños pegan choutos desesperados ao notar a calor, a queimadela nas plantas dos pés.

Onde pega o sol, as lousas semella que arden. Deixo de escribir porque un amigo senta ao meu lado.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES