Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manter limpo Lugo

viernes, 16 de marzo de 2012
Hai anos, fíxose unha campaña en todo o Estado español – daquela aínda coñecido como “España”, coa que se pretendía facer un país máis limpo físicamente, coidando os exteriores, fomentando os hábitos cívicos e abogando por un contorno harmonioso, baixo o título xeral de “Mantenga limpia España”.

Agora que todo se descentralizou, a campaña –xa en galego- podería facerse para Galicia, ou –neste reforzamento do municipalismo en boga – a nivel municipal, co que “Manteña limpo Lugo” podería ser un lema a utilizar no caso de plantear unha campaña así.

O malo é que se antes habia cousas que limpar, o feito e a campaña referíase únicamente ao aspecto físico e á limpeza do lixo tanxible, para non chamarse a engano con calquera outra limpeza que puidera ou puidese terse que afrontar.

Neste momento seguro que dobles intencións ou sentidos impedirían que o servicio municipal de limpeza ou o correspondente departamento político convocase unha campaña así, que podería dar moito que falar nestes momentos en que o Lugo soterrado quere asomarse ao exterior para proclamar a súa existencia. E non me refiro a ese Lugo que asoma polas fiestras históricas abertas preto da catedral para contemplar unha piscina romana, diante da deputación para os restos do vello acueducto romano ou a malfadada da porta da Rúanova, onde os vándalos están empeñados en que non contemplemeos a base orixinal da Muralla.

Non, o Lugo que asoma con forza, é ese outro agochado pero intuído, que os procesos xudiciais están sacando á luz e que algúns amigos de fóra me chaman asombrados de que tal cousa existira e que nós, os lucenses asombrados e inocentes –no sentido máis natural da palabra "inocencia"- contemplamos coa boca aberta.

Os lucenses, afeitos a viaxar por toda España mentras nos alegraban os oídos cos comentarios loubadores do “Y para comer, Lugo”, imos ter que facer un bo esforzo para librarnos da sona siciliana que estamos conseguindo, de “Operación” en “Operación”, de primeira páxina a primeiro titular de informativo nacional, de auto xudicial a secreto do sumario.

Posiblemente, nin a euforia de hai algún tempo nin o tremendismo de agora, pero estamos en tempo de “mareas vivas”, e salla o sol por onde queira o certo é que nos ámbitos informativos actuais de Lugo non se pon o sol, e xa que hai luz taquígrafos non faltan para levantar acta da campaña de limpeza na que estamos inmersos.

Porque se calquera institución política ou administrativa afrontase unha campaña de “Manteña limpo Lugo”, daría materia para humor e choteo xeral. Pero cando é, como dicía un vello, “a señora Xustiza” a que plantea a campaña, ¡firmes todos e a ver no que acaba esto, que segundo Radio Macuto queda aínda moito liño por fiar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania