Outro esperpento
Cardalda, Theo - jueves, 15 de marzo de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
A pasada semana o xornal La Razón comentaba en primeira páxina 29 M Huelga contra España. Considero que esta portada leva unha carga de profundidade antidemocrática de moito calado, un esperpento máis dos que nos levan dicindo desde que foi desarmado e cativo o anterior goberno.
¿ Pero é que non somos españois todos aqueles cidadáns (sen ser sindicalistas) que poidamos apoiar esta folga?. Non é unha folga xeral contra España, é unha mobilización, legal e constitucional en protesta por unha reforma laboral que nos leva en retroceso máis de 50 anos. Sabemos que hai alternativas máis xustas, eles tamén o saben, non entanto, asemella que todos os dirixentes deste goberno están a xogar a salvadores da patria e todo isto sóame a rancio e cavernícola. España é tódolos españois, non é unha eira propiedade de Rajoy nin de La Razón.
Esta reforma laboral é un deseño da cobiza empresarial e en contra dos traballadores. Este neoliberalismo salvaxe que ven desde hai vinte anos veu camiñando paseniño tratando de ir
desmantelando o Estado do Benestar (sociais, sanitarios e educativos) acadado a sangue e lume desde primeiros do século XX; todo isto que acadaron os nosos antergos vai ser guindado
pola borda. Non encanto, tamén hai que subliñar que desta crise-estafa a estivemos vendo vir desde hai unha década, pero esta sociedade que o neoliberalismo nos veu impoñendo, acomodouse, e non nos petou a gaña de responder a este tsunami con toda contundencia.
De principio xa están a cento por hora o rol dos grandes medios (Xornais,Radio, TV ) como un novo exército represivo do sistema. Isto si que vai ser glorioso, pan e circo.
España es una deformación grotesca de la civilización europea. Palabras de D. Ramón del Valle-Inclán dos anos vinte. Xa choveu abondo.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora