Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cesuras e Oza

jueves, 15 de marzo de 2012
Facía falla alguén que abrira o camiño de unión entre concellos, e aparecen Cesuras e Oza dispostos a suscribir un acordo que só debe traer consigo maior forza senón tamén mellor aproveitamento dos recursos disponibles a escala local.

Ese, alomenos, é o propósito de calquera unión municipal neste momento difícil para todas as institucións pero de xeito especial para os pequenos concellos do rural, con ampla superficie e poboación diseminada que precisa dos mesmos servizos – e ten dereito a eles- ca os que habitan nas zonas urbanas máis doadamente atendibles.

Nas últimas décadas, en Galicia non se rexistrou ningunha fusión de concellos, e si a creación de novos entes en Burela, Cariño e A Illa, pero agora a realidade económica, a diminución dos ingresos, a amplitude dos temas a atender, obrigan a plantearse a fusión como un remedio ás tremendas dificultades que moitos concellos teñen para poder seguir cumprindo coas súas obrigas.

Quizais estamos agardando demasiado da suma de dúas imposibilidades ou de dúas pequenas posibilidades, pero se queremos que o rural perviva é unha fórmula a estudiar concienzudamente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES