Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peaxes

lunes, 10 de enero de 2005
Pareceu en tempos, e aínda parece, xeitoso o sistema de que o Estado permitise a empresas privadas a construcción de grandes infraestructuras a cambio de que os usuarios aportasen un canon pola súa utilización.

O tema non era novo... O sistema das peaxes utilizouse desde a antigüidade como obtención de fondos para os poderosos especialmente nos dereitos de pontazgo, pero tamén na utilización de bens comunais... E mesmo Antonio Raimundo Ibáñez, cando erixiu Sargadelos, construíu unha vía que desde Cervo ía ata o mar para dar saída ós seus fabricados, e na que cobraba ós que a utilizaban.

Neste sistema que a Administración utilizou e utiliza, nin os organismos oficiais nin os usuarios se molestaron ata o de agora en botar contas de como resultaban de rendibles estes investimentos ás grandes compañías que os afrontan.

Os dereitos de peaxe concédense por cincuenta ou cen anos, o mesmo que os de outros aproveitamentos do solo tal como os aparcamentos soterrados. Períodos amplos para facer rendible calquera actividade.

Pero faltaban datos concretos como os que se veñen de facer públicos relativos á Ponte de Rande, esa polémica peaxe que han pagar tódolos que a diario salvan a ría de Vigo evitando o antigo peregrinar polas estradas da beiramar.

A Ponte de Rande costou algo máis de vintecinco millóns de euros hai un cuarto de século. E, según cálculos, só no último ano recaudou de peaxe algo más de trinta e un millóns.

Aínda que as cifras do custe da construcción teñan que ser actualizadas, a similitude entre o custe da obra e o seu rendimento bruto nun só ano é unha sorpresa para tódolos afectados, especialmente para os que levan loitando pola supresión do canón nun tramo no que a amortización é ostensible.

Esto é unha guerra entre a concesionaria e os afectados, e a divulgación destes datos unha batalla gañada ampliamente polos que non queren que esta vital instalación sexa de peaxe. O argumento é, especialmente, exemplificador para as institucións que deban plantexar
infraestructuras para o futuro. E algún mecanismo ten que haber para que o de "ó feito, peito", non sexa a única razón que se poida dar ós que pagan a obra moitas veces en aplicación da Lei do máis forte.

------------------------------------------------------------

Gostaríanos coñece-las súas opinións: "xulio@galiciadixital.com"
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES