Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe a Paco Martín

miércoles, 14 de marzo de 2012
Hai moitos anos, 1971, algo máis de corenta, o crego de Bretoña, Gil Agras Hermida, alma mater daquel pobo e promotor do Teleclub piloto da localidade, faloume dun mestre do Colexio britonniense, que acaba de escribir un libro moi xeitoso, do estilo das Greguerías de De la Serna, pero en galego, desde Galicia, e cunha grande fondura de vencello á terra.

Así foi como coñecin a Paco Martín que naquel 1971 deu á luz “Muxicas no espello”, consagrándose como gran escritor. Logo virían “O libro das adivinas”, “No cadeixo”, “E agora cun ceo de lama”, “Coa xente miuda”, “Que cousa é cousa?”, e sobre todo “Das cousas de Ramón Lamote”, a historia dun lucense profesor de idioma chairego, coa que consigueu as maiores distincións da literatura galega: Premio Barco de Vapor, Premio Losada Diégueuez, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil e a inclusión nas listas de honra Ibby e White Ravens. O orixinal en galego veu logo publicadas versións en castelán, euskera, bable, portugués e braille.

Por facer profesor de chairego a Ramón Lamote, e outros moitos merecementos, Paco Martín foi nomeado “Chairego de honra” pola Asociación cultural Xermolos e a fundación Manuel María, e ten adicado un dos fitos do Paseo dos Soños, en Vilalba, á beira do Muiño do Rañego.

Unha das maiores sorpresas da súa vida foi recibir un día unha chamada de Ramón Lamote, un catalán ao que os seus fillos sorprenderon co agasallo dun libriño onde se contaba unha historia de alguén co seu nome. E eu xantei con Paco Martín, a súa dona, Manuel María e Ramón Lamote, nunha xornada irrepetible onde a realidade superou a ficción como case sempre ocorre.

Agora, Paco Martín é de novo noticia, con motivo da edición deste ano do Salón Nacional de literatura infantil e xuvenil, e o día 31 deste mes, na xornada de clausura, vai ser homenaxeado en recoñecemento á súa obra.

Vaia desde aquí o noso recoñecemento a este escritor, que fuxe de aglomeracións e rebumbios, que traballa e crea en silencio, que é grande en Galicia e fóra dela, e ten en Ramón Lamote un persoeiro de ficción que vivirá por sempre entre nós; lucense e profesor de chairego, empeñado en organizar carrreiras de nubes, que ten logrado un posto de honra nas letras galegas e no noso corazón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES