Cambio climático
Fernández, Suso - miércoles, 14 de marzo de 2012
Editado pola Fundación BBVA, para a súa colección Conferencias Magistrales, acaba de saír do prelo o lbro ¿Hablamos de cambio climático? do que é autor o científico, de fondas raíces focegas, Sergio Alonso Oroza, licenciado e doutor en Física pola Universidade de Barcelona , catedrático de Meteoroloxía da Universidade de Illas Baleares, da que foi Vicerrector, toda unha personalidade no mundo da especialidade e investigador do Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados. Presidente da Comisión de Ciencias para a Acreditación Nacional de Profesores Titulares de Universidade, membro da representación española na Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, e do Consello Nacional do Clima. É membro da Real Academia de Ciencias e das Artes de Barcelona e preside a sección de Metereoloxía e Ciencias da Atmósfera da Comisión Española de Geodesia e Geofísica.
Sergio Alonso, focego de orixe e de corazón, un dos mais insignes persoeiros españois no campo da metereoloxía e a climatoloxía, ocupa con frecuencia as mais prestixiosas tribunas europeas, nas que deixa a impronta dos seus recoñecidos saberes e das súas investigacións.
O libro ¿Hablamos de cambio climático?, aínda tratándose dun manual científico, resulta engaiolante para o lector, mesmo para quen nos confesamos profanos na materia, dada a claridade da exposición, a súa amenidade descriptiva e a aplicación dunha terminoloxía ó alcance de toda persoa non introducida na dialéctica científica. Esa foi a nosa experiencia coa lectura que nos resultou placenteira e que permitíunos coñecer un anaquiño mais deste fenómeno que tanto preocupa á sociedade actual.
Sergio Alonso Oroza, que conta en Foz con familiares e amigos, membro da numerosa saga descendente de Manuel Oroza, o vello sacristán entrañable da nosa nenez visita, de cando en vez, o amado pobo da súa estirpe, sempre con ledicia e fonda satisfacción, aínda que con menos frecuencia da que os seus amigos quixéramos. Parabéns.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora