Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con pasaporte

miércoles, 14 de marzo de 2012
Nalgúns xornais descubrimos temas e tratamentos curiosos de noticias actuais ou históricas, e en La Región de Ourense atopamos periódicamente ocasión para deternos a pensar naqueles tempos que se reflicten.

Na sección “Hai 50 anos” adoitan publicar relacións de pasaportes concedidos pola Comisaría de Política para poder saír de España, tema entón relevante porque a concesión dos pasaportes era froito dun estudio da situación da persoa en tanto que agora a concesión é prácticamente automática.

Antes como agora, o pasaporte servía para a identificación do portador no paso das fronteiras e nas estadías no exterior, concedéndose entón para determinados países, quedando excluidos os de detrais do Telón de Aceiro, especialmente a Unión Soviética.

Daquela eran noticia a concesión dos pasaportes, alomenos noticia de carácter local, sendo longas as relacións de peticionarios atendidos non porque o turismo tivera xa conseguido entre nós carta de natureza senón porque significaba a vía libre para emigrar ao resto de Europa na percura dun posto de traballo.

Na actualidade os pasaportes concédense con máis rapidez e coa mesma facilidade que os documentos nacionais de identidade, se ben para recorrer toda Europa chega – vantaxes da U.E.- co DNI, polo que xa non é noticia a concesión de pasaportes nin a libre circulación de europeos polos diversos países da Unión.

Hoxe a emigración parece menos traumática polo coñecemento do idioma, pola maior formación dos emigrantes, pola inmediatez das comunicacións. Mesmo porque non hai dificultades para conseguir un innecesario pasaporte. Pero segue sendo un trauma, un rompemento, unha obriga cando só debía ser unha evolución, unha expansión, unha voluntaria experiencia para vivir de xeito diferente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania