Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Atender ós vivos: labor dos humanos

lunes, 10 de enero de 2005
Vimos de celebrar as festas do Nadal. Luminarias con escasa símboloxía cristiá e demasiada propaganda. Consumo e dilapido, a esgallo. Con cheiro a desprecio do tradicional e con árbores e papás noeles no lugar de beléns e panxoliñas nos centros públicos. Un Nadal moi descafeinado, a piques de se paganizar. Falso progresismo?, inconsciencia?, falla de cultura?, de respecto á historia/tradición!?

¡Un Nadal triste! Non nos pode consolar o falso optimismo de menos mortos nas estradas. Seguen a ser máis de 3.000 cando hai que aspirar ó crecemento cero, a que desaparezan. A catástrofe no Índico cos provisionais 180.000 mortos, moitos desaparecidos, miles de nenos orfos e varios millóns sen fogar...sen nada!. Por riba, a barbarie de Bos Aires, a guerra no Irak. Demasiadas traxedias e mortes!

Como positivo e alentador (despois da xa irreversible desgracia) a fenomenal reacción mundial da sociedade. Acerta sempre o senso común que todos/as levamos dentro. Aínda estamos vivos, sensibles e activados. A ollar cara diante. ¡Queda a esperanza! Velaí detalles: a instalación da "rede de alerta" na Zona, as ideas concretas para administrar ben os 4.000 millóns de dólares prometidos, a proposta do ministro de economía do Reino Unido dun "Plan Marshall" para que o 2005 sexa "o ano do progreso humano" e así acabar coa fame e a miseria no Terceiro Mundo, a creación da "forza humanitaria de reacción rápida" proposta á U.E. por Francia e a do goberno español de mandar avións/barcos e soldados á Zona. Tamén o voto de confianza da U.E. ás ONGs (Cruz Vermella, Cáritas, etc... que traballan a pé de obra). Ese ó camiño: Atender ós vivos e planificar futuro!

Todo iso son accións humanas. Froito de persoas que son e se senten solidarias cos irmáns. Ese bautismo recibímolo todos. Para os cristiáns é o seu distintivo. Isaías dicía: "Eu, o Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte, e convertinte en Alianza dun pobo e en luz das nacións, para que lles abras os ollos ós cegos, para que libres do cárcere ós presos, da cegueira ós que viven na escuridade...". Pedro tamén nos subliña:"Abofé, que vexo que Deus non fai distincións de persoas, senón que acepta a quen lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa". Así o fan milleiros de homes e mulleres de todas as razas, ideoloxías e/ou relixións, con ou sen bautismo oficial.

Os cristiáns debemos estar en primeira liña na vivencia desa fraternidade e amor. O bautismo recibímolo para vivilo aquí e para nos abrir o paso á vida definitiva.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES