Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ruído e silencio

lunes, 12 de marzo de 2012
Ruído na terraza. Ruído no catavento que fai ruído. Ruído na folla de loureiro que bambea contra unha galla.

Quero que o silencio colla do brazo ao ruído. Que bailen na noite de San Xoán por entre os argazos dunha lagoa con pouca auga.

Ruído no bater de as da pomba e silencio no lagarto que está ao sol. E voan os paxaros con dirección ao Oeste mentres un cento de ras realizan unha sonata para manter vivo o ambiente da lagoa.

Ruído no monte no que se atopa a lagoa. Silencio no vaivén dun asubío.

Hai asubíos que non meten ruído. Pisadas de algodón pola beira esquerda da lagoa. Ruído nas pisadas. Silencio no calcañar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania