Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amador e Daniel

lunes, 12 de marzo de 2012
Hai corenta anos, Amador e Daniel pasaron á historia de Galicia. Foi o dez de marzo de 1972, cando nunha malfadada protesta polos problemas do Naval en Ferrol, o tremendo resultado de dous mortos tinguiu de sangue un conflictivo panorama laboral.

Amador e Daniel caeron baixo as balas das forzas que reprimiron a manifestación con medios manifestamente repudiables e excesivos. E os seus nomes foron de boca en boca, por toda Galicia e polo mundo enteiro, e figuraron en cantares e en rezos, e quedaron como exemplo do que nunca pode volver a pasar.

Cumpríronse corenta anos daquela data para non esquecer. E foi momento para que de novo se pronunciaran os nomes daqueles dous homes, mártires dun tempo escuro, que fixeron do Ferrol cidade de sangue por riba do ferro do seu nome, e encheron de loito a toda a familia obreira de Galicia.

Corenta anos despois, con problemas na economía e na sociedade, con fortísimo problema de traballo e de paro, pode chegar a darse similitudes en aspectos relacionados coa economía e as necesidades das familias, pero vivimos nun mundo absolutamente diferente polo que pasaron como un vendaval eses corenta cambiantes anos que recompuxeron as nosas estructuras e a nosa vida.

Hoxe, Amador e Daniel son historia de Galicia, labrada a golpe de ofrenda vital arrancada pola violencia. E por iso merecen a nosa lembranza, e a esperanza de que nunca máis pode volver pasar algo así.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES