Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estratexias de manipulación

lunes, 12 de marzo de 2012
Coinciden os dicionarios en definir a manipulación coma a acción de intervir con medios hábiles e, a veces, arteiros, na política, no mercado, na información, etc., con distorsión da verdade ou da xustiza, e ao servizo de intereses particulares.

No mundo que nos movemos parece que non hai secretos e que a información corre case á velocidade da luz, pero o mesmo podemos afirmar da desinformación e, a manipulación, é unha das formas máis eficaces da desinformación, parece que sabemos, pero o que nos chega é unha realidade precociñada ao servizo de intereses inconfesables.

O gran lingüista, Noam Chomky, elaborou unha lista que denomina “ Dez estratexias de manipulación” que de seguido intentarei resumir e, logo, que cada quen trate de situar ou de recoñecer na nosa realidade.

1.- Estratexia da distración, consiste en desviar a atención do público dos problemas importantes e dos cambios decididos polas elites políticas e económicas, manter o público sempre distraído, sen ningún tempo para pensar. Para isto resulta imprescindible que a calidade da educación dada ás camadas debe ser moi pobre, de maneira que a fenda da ignorancia que illa as clases inferiores das clases superiores sexa e permaneza incomprensible para as clases máis baixas. Con tal discapacidade, mesmo os mellores elementos das clases inferiores teñen pouca esperanza de saír do rol predeterminado, esta forma de escravitude é esencial para manter unha certa orde social, paz e tranquilidade a prol das clases dirixentes.

2.- Crear problemas e logo ofrecer solucións, este método, tamén chamado”problema-reacción-solución”. Créase un problema , unha situación para provocar unha reacción no público que xustifique certas medidas. Algo tan simple como forzar portas de vivendas provoca un aumento considerable da venda de alarmas ou de portas blindadas. Na mesma crise económica actual favorece que se considere que medidas irracionais e salvaxes son un mal necesario e, mesmo, se pidan máis recortes porque inxenuamente coidan que reducen supostos privilexios de funcionarios públicos, esquecendo que de paso se empobrece o ensino e a medicina sendo as camadas máis pobres as primeiras vítimas.

3.- Estratexia da gradación, aplicar medidas duras en baixa dose para a que a xente se vaia afacendo. O neoliberalismo salvaxe (neocons) actual arrinca de teorías elaboradas hai máis de 50 anos e impostas nas décadas de 1980-90 por Reagan, Thatcher e Aznar, debilitar o Estado para afrouxar controis e que mande o máis forte, darwinismo social e económico.

4.-Estratexia de diferir, anunciar sacrificios para o futuro, sempre aparecen máis diluídos ou aparecerá o milagre.

5.-Infantilización da sociedade, coma se de deficientes se tratara, utilizando discursos e argumentos cuxo fondo é, ou a emotividade ou mensaxes moi simples, que non afondan na racionalidade crítica, senón na suxestión. Exemplos diso temos cando gobernos ou aspirantes a gobernar se presentan con aire mesiánico: eles traerán confianza máxica, o paro desaparecerá en menos de dous meses, a prima de risco xa non será tal e o mundo ficará pasmado diante de tales demiúrgos. Eles son santos e inmaculados e culpa é dos outros, logo se nada ou pouco cambia será porque a herdanza era moi mala. Sentenciarán con toda solemnidade que “a crise acabará cando acabe a crise”.

Noutra volta falaremos das restantes cinco estratexias que enumera Noam Chomsky.
Pin Millares, Xosé María
Pin Millares, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES