Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O coche fantástico

viernes, 07 de enero de 2005
Hai ben anos, cando aínda a Tele tiña unha importante carga de inocencia derivada da súa mocidade -e tamén da nosa- unha serie que facía furor tiña como protagonista un "coche fantástico" e o seu conductor.

Porque o verdadeiro protagonista era "Kit", aquel coche ultramoderno, no que o conductor viña a ser só o elemento humano necesario para cumplir o seu fin de face-lo ben reparando inxustizas.

En Vigo veñen de estrear un "Coche fantástico". A factoría Citröen regaloullo ó Concello, e este adicouno ó que sen dúbida se estima tarefa máis importante: Multar ós outros coches -fantásticos tamén, sen dúbida, para os seus donos- que estean mal aparcados, especialmente se están en segunda fila.

A eficacia deste fantástico vehículo é tal, que con el os gardas que o manexen poderán multar un vehículo por minuto, documentando gráfica e visualmente a situación, e deixando proba como futuro elemento de xuizo á hora de impoñer a multa correspondente.

Os concellos atoparon nas multas ós coches mal aparcados unha rendible actividade que, á vez, é presunto sinal de eficiencia, e contribúe a deixar libres para a circulación puntos problemáticos do centro das cidades.

Máis dificil e costoso resulta procurar novos aparcadoiros, necesidade acuciante en tódolos centros urbanos de Galicia que medraron e se complicaron na mesma medida en que se complicou a circulación e se multiplicaron os automóbiles.

A solución do problema non é un "coche fantástico" senón un fantástico aparcamento para coches. Claro que deste xeito, coa ilusión de atopar solución inmediata, benefícianse as arcas municipais e os veciños teñen a impresión de que a cidade marcha.

Eu creo que adicar un "coche fantástico" con este fin é a mellor confesión de parte de fracaso de toda a política relacionada coa circulación rodada en Vigo.

-----------------------------------------------------

Gostaríanos coñece-las súas opinións: "xulio@galiciadixital.com"
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES