Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A SGAE e os concellos

lunes, 12 de marzo de 2012
A SGAE non tén moi boa prensa. Chámase oficialmente Sociedad General de Autores de España e ten en todo o país extendida unha rede de inspectores-recaudadores que non deixa pasar nin unha cando se trata de conseguir fondos para esta sociedade anónima que se arroga a representación de todos os autores de música, teatro e cine que existen no mundo.

En tempos, o representante para toda a provincia era un vilalbés, Antonio Iglesias Valdesuso, que foi amigo meu por razón de proximidade das oficinas e por cercanía relativa dos temas que abordábamos. E xa daquela a SGAE tiña incidencia intensa, aínda que nada comparado co que agora ocorre.

O Planteamento desta Sociedade é que recauda por todo o que se move nos eidos artísticos, teña ou non dereito, por se acaso, chegando ao extremo de cobrarlle a un autor dunha obra de teatro amigo meu por representala, para logo – se se cadra- aboarlle a parte que lle correspondese.

Anda agora a SGAE furando no mundo dos concellos, tocándolle ao de Vilalba recibir as súas reclamacións que chegan a 70.000 euros por actuacións nas festas do San Ramón, que se supón estarían pendentes de pago.

Claro que o Concello non é quen organiza directamente as festas, como ocorre en moitos outros concellos, senón que aboa unha subvención xenerosa á correspondente comisión de festas, sendo os ramistas os que se encargan de programar os diversos actos e liquidar os correspondentes gastos.

Algo parecido ocorría co concello de Sarria ao que a SGAE reclamaba no xulgado arredor de trinta mil euros por actuacións en festas, e con arreglo a esa responsabilidade das comisións organizadoras o xulgado absolve ó Concello de Sarria, pero condena a dúas asociacións ao pago desas cantidades reclamadas, baseándose precisamente no feito de que a corporación municipal subvenciona as actividades pero nin selecciona os actuantes nin os contrata, e as asociacións organizadores non só recibiron axuda do Concello senón doutros patrocinadores.

Abunda a sentencia en que o concello, nin pola subvención nin pola cesión dos espazos públicos, nin pola concesión dos permisos, se convirte en organizador e polo tanto responsable directo nin indirecto do posible impago en relación cos dereitos de autor.

O problema pode logo seguir en pé, aínda que derivada a súa orientación hacia as comisións organizadoras de festas patronais se é que teñen continuidade e están rexistradas como tales asociacións sen fin de lucro.

Como esto se confirme e se extenda, o difícil traballo das comisións de festas vaise poñer aínda costa arriba, e a sempre problemática designación dos responsables das festas vaise facer aínda máis complicada.

Porque a SGAE é mal enemigo. E cobra primeiro e pregunta despois. Ou non pregunta e trata de cobrar por riba de calquera outra solución.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania