Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Constrúe, que algo queda

miércoles, 05 de enero de 2005
Inveterado lector de ciencia-ficción, venme á memoria unha narración publicada hai moitos anos no que a construcción invadía o planeta Terra de tal xeito que pouco a pouco ía desaparecendo todo espacio verde, chegando a cubrir o asfalto ou o cemento a totalidade da superficie sen que quedase un só centímetro libre para que Gaia puidese "respirar".

No momento en que na Terra non houbo máis que cemento e asfalto, o planeta estoupou e desapareceu para sempre.

Inflúe demasiado na nosa economía e na nosa vida o sector da construcción como para non ter un papel preponderante. Os constructores forman en cada provincia galega a máis importante asociación empresarial, e aínda que poidan inscribirse dentro das Confederacións de Empresarios ou das Cámaras de Comercio, teñen vida propia nas súas asociacións, con peso específico nos temas económicos, políticos e sociais.

Estes últimos tempos as augas baixan turbias na construcción galega. E en lugar da unidade necesaria para seguir mantendo a forza conseguida pola unión económica, a asociación de Pontevedra tense ido hai tempo da unión empresarial, e agora vense de ir a de Ourense. Os motivos, coma sempre, reparto de poder e reparto económico, que veñen se-lo mesmo.

O reparto económico fala de arredor de mil millóns de euros ó ano, que as institucións licitan como obras públicas na comunidade autónoma. O reparto de poder fala de que cada Asociación quere ter a influencia que o seu peso específico demanda, que a presidencia xeral sexa rotatoria e, en fin, que non se considere feudo de ninguén unha plataforma de tan alto nivel de influencia.

Unha gran patronal da construcción partida non vai ter a mesma influencia social que presentando un só frente. Certo que queda moito por construir, que o sector ten aínda moita vida por diante, e que ó construir sempre queda algo sustancioso nas mans.

Pero non é agora o momento da desunión. Ningún momento é bo para andar por libre, e menos este no que parece que todo está en crise, todo se cuestiona, e cada día hai que volver a tecer os bimbios da balsa na que navegamos por un mar cada día máis bravo.

-----------------------------------------------------------

Gostaríanos coñece-las súas opinións: "xulio@galiciadixital.com"
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES