Igrexas
Xiz, Xulio - miércoles, 07 de marzo de 2012
Tantos anos de catolicismo pasivo, fainos ter unha composición de lugar previa para a denominación igrexa, e cando tal oímos pensamos automáticamente nun lugar de culto católico, construido con tal fin hai séculos, en moitos casos, ou hai décadas, que é raro a construcción dun templo nestos tempos, xa que as necesidades de estas infraestructuras pedras da fe- están case cubertas desde sempre.
Chamoume a atención a nova de que en Vilalba, a miña terra, se planteasen protestas populares polo ruído dunha igrexa. A min parecíame que o feito non podía proceder da monumental igrexa parroquial, porque por moi ruidosos que fosen os cultos, os seus sons nunca poderían traspasar os recios muros, robustos e grosos, que aíllan axeitadamente para propiciar a concentración e o aillamento no interior, sen ningunha repercusión sonora no exterior. Nin siquiera cando os cantos da Polifónica de Vilalba enchen de sonoridade os amplos espacios de culto.
Pero vexo que hai outra Igrexa cristiá, catedral da esperanza, que eu descoñecía, e que polo que se ve, aínda que sexa cristiá non debe ser católica. Esto lémbrame que cando eu era novo, en Vilalba, falábase de estar católico ou non, según a saúde do momento.
Está lonxe o tempo en que en Lugo só había unha capela evanxélica na rúa de García Abad, que correspondía ós protestantes, así en xeral. Na actualidade hai unha mezquita aló pola rúa Mar Cantábrico, e mesmo preto da miña casa hai unha Igrexa de Xesucristo dos Santos dos últimos días, que debe corresponder aos que vulgarmente coñecemos como Mormóns. Bueno, son cousas que pasan; hai liberdade de cultos, e estes florecen coa intensidade dos fungos despois de chover.
Non é que o tema me preocupe demasiado, pero para estes casos sempre queda aquela frase de non sei quen que afirmou: Non me preocupa demasiado a miña relixión, que é a verdadeira. E polo tanto as outras non me preocupan nada.
E se os ruídos da relación coas alturas molestan aos veciños vilalbeses, pois ou acomodar os sons á normalidade, ou adaptarse á normativa de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, que o primeiro que esixirá é que o baixo en cuestión esté adaptado á actividade que nel se vai desenvolver.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora