Inermes
Editorial - miércoles, 07 de marzo de 2012
As administracións públicas españolas terían solucionados a maior parte dos seus problemas se a economía sumerxida saíse á luz. Pero por moitos mecanismos que se poñan en marcha, evidénciase que é máis poderosa a organización que funciona fóra
da Lei que calquera norma que se intente facer cumprir.
Chamase economía sumerxida á que funciona fóra dos cauces legalmente previstos, sen que os resultados desa actividade teñan constatación legal, por ningunha das partes que interveñen nas transaccións.
Polo tanto, a Administración non percibe nin o Imposto do Valor Engadido Ive- que todas as actividades empresariais comportan, nin o Imposto de Rendemento das Persoas Físicas Irpf- das percepcións por parte dos traballadores.
É de tal importancia a cifra que á Administración lle consta que se sustrae ao seu coñecemento que se a cifra defraudada está en preto dos trescentos mil millóns de euros anuais, a cantidade que a Hacienda lle podería corresponder superaría os cincuenta mil millóns de euros.
A esta inmensa cantidade se renuncia de feito xa que por moito que se loita contra a economía sumerxida, ano tras ano se evidencia a imposibilidade de conseguir eliminar esta lacra, como se o Estado estivese inerme diante da realidade infractora que non parece vaia reducirse e moito menos eliminarse do noso panorama económico.
Agora que o Estado está dotado dos recursos legais e personais necesarios, a economía sumerxida non ten razón de ser, e a loita que contra ela está emprendida debería ser máis áxil, máis eficiente, máis efectiva. E non só para solventar problemas económicos que terían solución co producto desta loita, senón por exemplaridade diante das empresas e particulares que cumpren e que merecen se leve a loita contra o fraude ata as súas últimas consecuencias.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora