Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un lugar para vivir

martes, 04 de enero de 2005
En sentido amplo, "un lugar para vivir" é a comunidade onde un reside, sexa aldea, pobo ou cidade. Pero en sentido estricto ese lugar ten que referirse á propia vivenda, marco no que se desenvolve a actividade vital, cadro dentro do que se enmarca a nosa imaxe, e que como moi poucas cousas máis nos identifica, reflicte o noso carácter, os nosos gostos, e as
nosas posibilidades económicas.

Este lugar para vivir, por moi doadas que sexan as condicións para a súa adquisición, ven rexistrando sucesivos incrementos anuais que fan que o endebedamento pola adquisición de vivendas se eleve a niveis preocupantes. Os adquirentes non se recatan en endebedarse para a compra, e o incremento da débeda global o último ano rondou o vinte por cento.

Galicia pode considerarse afortunada porque a vivenda só subiu un seis por cento no último ano, se ben esto é un tanto engañoso porque mentras en Pontevedra subiu un un 3,6% e na Coruña un 4,8%, esta subida en Lugo foi do 10% e en Vigo do 17. Non obstante, xa digo, Galicia globalmente parece resultar relativamente beneficiada -menos perxudicada- porque frente ó noso 6%, a media de subida nacional foi do 14%.

Ferrol, con 1.072 euros por metro cadrado e Lugo con 1.106 son as cidades de Galicia cos pisos máis baratos mentras que Vigo con 1.582 sería a máis cara.

As cifras son doblemente engañosas se pensamos que a maior baratura máis facilidade de adquisición: Dunha banda, son precios de tasación oficial, co que os precios reales andan por outros vieiros de orografía máis accidentada; doutra, porque o menor precio responde a menores posibilidades de adquisición por menor nivel de vida e de ingresos das
familias residentes nesas cidades.

"Un lugar para vivir" nunca pareceu tan doado de conseguir: Os pisos abundan, os intereses son moi baratos, a concesión de cretos é dunha grande fluidez... O que ocorre é que, unha vez mercado "o lugar", hai que vivir. E eso, sí que é cada vez máis difícil. De tódolos xeitos, ¡que dure!.

--------------------------------------------------------

Gostaríanos coñece-las súas opinións: "xulio@galiciadixital.com"
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES