Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis solucións

martes, 06 de marzo de 2012
A única liña de traballo nas administracións deste país en canto ao futuro económico e social está sendo a contención de gastos, xa que os ingresos non deixan de diminuir pola menor actividade económica. E a contención de gasto non fai máis que restrinxir a a actividade económica, nunha imparable espiral á que non se lle aprecia un fin previsible.

A cuestión que temos que plantearnos é se este é o único remedio, se a única solución á problemática económica actual está na restricción, despois do frenazo brutal á actividade expansiva que se rexistrou nos anos anteriores á aparición da crise que leva xa un cuatrienio de vixencia.

As restriccións aos empregados públicos, emprendedidas por todas as administracións, conteñen o gasto pero tamén condicionan as nunca boiantes economías particulares, co que o consumo se contrae e a ilusión no futuro segue camiño parello sen o menor aliciente ou motivo de confianza na situación.

Un sindicato ven de solicitar ás autoridades federais alemanas un incremento do 6,5% para os seus afiliados, como medida de loita contra o problema económico xeral, e como reivindicación dentro da situación. Aínda non tiveron resposta oficial pero non parece que vaia ser posible este aumento.

E sen embargo algunha medida hai que tomar para enderezar a situación social visto que as que ata este momento se emprenderon non levan visos de dar solución aos problemas nin de estabilizar a traxectoria da economía. Unha inxección deste tipo nos millóns das pequenas economías familiares podería e debería ser un revulsivo para fomentar o consumo, tranquilizar ás familias e normalizar a situación.

Seguro que os especialistas económicos e políticos saben como estamos, cara onde imos e que medidas tomar para solucionar os ostensibles problemas. Seguro que si, aínda que non o pareza. Pero si o sistema actual de pura contención de gasto non funciona, terán que intentar algún outro antes de que sexa demasiado tarde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES