Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xeneral Gabeiras Montero

lunes, 03 de enero de 2005
Trasvín a súa foto nunha pantalla de televisión esta fin de semana, e logo esquecinme del ata que os xornais do luns me contaron o pasamento do Xeneral José Gabeiras Montero, fillo predilecto da cidade que en tempos se ten chamado "El Ferrol de Su Excelencia", onde nacera en 1916.

Fixo a Guerra e aínda máis, xa que participou na División Azul. No 1976 chegou a Xeneral de División e en 1979 foi nomeado Xefe do Estado Maior do Exército.

En 1981, naquel malfadado 23 F, o Xeneral Gabeiras pasou á historia de España, e en particular á historia da dificil Democracia, por ter sido peza imprescindible para impedir o Golpe de Estado que houbera sido mortal para a convivencia neste país.

O Xeneral Gabeiras tiña, polo que se ve, moi claro o papel dun militar no mundo predominantemente civil que xurdía na España de comezos dos anos setenta. Se por orixe, cronoloxía, traxectoria, formación... pertencía a unha caste militar propia dun tempo e de durísimas circunstancias, cando tiña 65 anos -a idade na que toda persoa do mundo
civil anceia unha merecida xubilación- deu un "do" de peito intelixente, valente e democrático.

Era a única postura posible diante dos seus e diante do mundo. Pero moitos outros non souberon velo así.

Reintegrado ó mundo civil, nos últimos tempos liderou un movemento cidadán contra a planta de gas da ría de Ferrol.

Pero para os que temos anos abondos para lembrar feitos e xentes, o Xeneral Gabeiras Montero deixa memoria de home de honra, que soubo tomar partido pola paz e pola democracia nun dos peores momentos da nosa vida colectiva.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES