Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benquerido Agustín

viernes, 31 de diciembre de 2004
¡Sorpresas que nos da a vida, amigo!. Malas sorpresas para ser recibidas ó remate do ano, cando as familias se xuntan, todos volvemos dalgún xeito á casa materna, e sentímonos na obriga de desexar ben para todos. Este mal ano aínda tiña que producir unha dor máis para moitísimos galegos.

Mala sorpresa a nova de que Sixto Seco nos deixou de súpeto.

Non sabía que estivese enfermo. Non botaba conta dos seus anos porque para min Sixto foi sempre un rapaz, coa vitalidade propia dos que non cumpren anos máis que para colleitar experiencias e amizades.

Téñome por seu amigo desde fai moitísimos anos. Cando o entrevistei para a Radio Galega xa tiñamos a excelente relación que todos os que o coñeciamos tiñamos de repente con el. Como se o coñecesemos de toda a vida.

Cando foi pregoeiro en Vilalba, na miña terra, e o presentei á miña xente, xa tiñamos vencello de vello.

Cando obtivemos Marcial González Vigo e máis eu o Premio Nacional de Radio "Rosalía de Castro", hai case trinta anos, estableceuse quizáis a relación. Porque Sixto tiña pola "Santiña" ese amor sen teito e sen fondo que só poden ter os máis esgrevios polas cousas grandes da nosa terra.

Hai tempo que non nos viamos, Agustín. Pero a nosa relación na distancia producíase como os vasos comunicantes tendo na terra que nos sostén a conexión perfecta.

Fóisenos un dos grandes do galeguismo; de Galicia. Home humilde a pesar de tódalas súas grandezas. Gracias a tódalas súas grandezas.

Descansa en paz, amigo Agustín. Que o amor que en vida tiveches por esta Terra e polas súas xentes che sexa devolto en lembranzas garimosas.

Porque de ti pode dicirse o que Cabanillas dixo "Na morte de Castelao": "¡Morreu do mal dos bós e xenerosos! / ¡Morreu de amor á Terra!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania