Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rosalía no 175 aniversario

jueves, 01 de marzo de 2012
ROSALÍA NO 175 ANIVERSARIO

O pasado vinte e catro de febreiro foi o 175 aniversario do nacemento da nosa poetisa Rosalía de Castro. Co gallo desta celebración, A Asociación de Escritores da Lingua Galega en Lugo - da man de Isidro Novo e Antonio Reigosa – programaron no Instituto “Lucus Augusti” un recital de poesía no que interviron os alumnos e os poetas e profesores deste Centro: Manel Matalobos, Adela Figueroa e Xosé Otero Canto.
Incluimos aquí unha destas poesía feitas para o acto por Xosé Otero Canto e baseada nos lugares polos que Rosalía transitou e naquelas palabras que expresou Rosalía na súa casa de Padrón un pouco antes de morrer “Abrídeme a ventá, que quero ver o mar”. Evidentemente dende Padrón non se pode ver o mar.

PARA ROSALÍA (Abrídeme a ventá)

Abrolla un rosal florido na primavera de febreiro.
Abrídeme a ventá que quero ver a vida !
Vinte e catro roseiras na casa do Camiño Novo.
Na casa de Conxo, a Rosaleda da vida.

Aínda en Bastabales se oi a campá
co resón da dor.
Treman as rosas das campás de Bastabales
cos estames pendurados dos badais.
Treman os trigos de Castela cos airiños desta rosa
e as buxías do desalento.

Nesta terra un rosal ía, Rosalía.

Canto pétalo soltou o rosal de Rosalía!
Canta bágoa de orballo tremelocente
na rosada do sentimento!
Canta auga de rosas para lavar a liberdade!
Canta auga de rosas para lavar a dor!
Canta auga perfumada de rosas e espiñas
para purificar o abatemento,
o padecer,
o baleiro!

Orfa morte. Emigración do infortunio.
Sacádeme este cravo do corazón!
Eterna noite. Baleiro en Lastrove.
Bater de sombras en Padrón.
Arretén, feminina dor de liberdade
nesta soidade,
neste desacougo.
Badaladas de silencio en Adina.
Sacádeme este cravo do corazón!
Escorrentádeme esta negra sombra que me aniña!
Abrídeme a ventá . . . que quero ver o mar!
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania