Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Donos do aire

viernes, 02 de marzo de 2012
Na actualidade Galicia dispón de tres aeroportos comerciais, dous na provincia da Coruña – Santiago e A Coruña- e un na de Pontevedra – Vigo- que sofren competencia doutros non lonxanos, especialmente o de Oporto, evidenciando que aínda falta moito para que sexan todo o rendibles que deberan para toda a comunidade galega.

Quedan esquecidos ou minusvalorados outros aeródromos que poderían ser postos en valor, especialmente no interior, sendo o mellor dotado pola natureza o de Rozas, no centro da provincia de Lugo, máis un en Ribadeo e outro que podería habilitarse – xa o foi no tempo da Guerra Civil- en terras de Guitiriz.

En relación co de Rozas non hai moito tempo que se desatou a ilusión da provincia de Lugo cando o PSOE gobernante anunciou a posibilidade de que a instalación acollese un centro para reparación de avións, coa conseguinte posta en valor da comarca chairega onde repercutiría de xeito directo esta macroinstalacións.

Non puido ser aquela boa nova, e agora plantéase a posibilidade de que en Ourense, en terras de Trasmirás, se instale unha base internacional de avións non tripulados, que revolucionaría a comarca e convertiría ás terras de Ourense en punto de referencia mundial na navegación aérea.

Desde que o home se fixo dono do aire, entendeuse que a navegación aérea tiña un futuro perfecto, xa que a actividade e a súa importancia económica iría “in crescendo”, como así foi. E agora en proxectos coma este fiamos boa parte do noso futuro por entender que se trataría dunha actividade non especialmente contaminante ou invasiva, e proporcionaría riqueza e revitalización a unha ampla zona do interior galego.

Esperemos acontecementos, agardando que se confirmen as boas perspectivas e teñamos motivo certo para ser optimistas nesta posibilidade de promoción e progreso en Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania