Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

2005: Nova oportunidade

viernes, 31 de diciembre de 2004
A porta dun ano novo está aberta. Imos cruzala con fe, con ilusión e esperanza a pesar do desencanto.. Temos outra oportunidade para mellorar este noso mundo, que non acaba de atopar o camiño da paz e da felicidade. Seguen os medos, a incerteza, a fame, as violencias, as guerras...as catástrofes. ¿¡Todo inevitable!?

Precisamos da bendición de Deus para transformar tantos medos e inseguridades e superar as masacres do xa irrecuperable 2004. Hai que mellorar individual e colectivamente. Cómpre devolverlle ó mundo a paz e a harmonía perdidas e traballar como se o futuro dependese de cada un de nós. Para iso é necesaria a fe e a confianza en nós mesmos, nos irmáns e en Alguén que camiña connosco. Lémbrao este pensamento chino: "Díxenlle ó anxo que está á porta do novo ano: Dáme unha luz para que poda afrontar a incerteza con pé firme e seguro. El contestou: Marcha na escuridade e coloca a túa man na man de Deus. Isto é mellor cá luz e máis seguro có camiño coñecido". A bendición xudeu/cristiá é case igual: "Que o Señor te bendiga e te acolla, faga brillar sobre ti a súa Luz e che conceda a súa axuda. Que se lembre de ti e che conceda a súa paz". O novo ano é coma unha ponte, da que non coñecemos o que hai do outro lado; unha ponte que temos que cruzar xa que é o único camiño que leva ó futuro. Pero é distinto ir cara ese futuro sabendo a onde imos... e que non vamos sós.

Onte celebramos a Xornada da Paz. Que falla lle fai ó mundo e a todos nós! A paz é o conxunto de todos os bens. O saúdo de Xesús ("schalón") inclúe: saúde, alegría, seguridade, harmonía, paz... Iso é o que nos regala o Señor, e leva a obriga e a responsabilidade de nos converter (cambiar de actitudes) e de sermos constructores da paz, testemuñas do Reino da verdade, da xustiza e do amor... para que se pode asentar esa paz/felicidade.

O mundo está nas mans de Deus. E nas nosas. E somos nós os responsables de conservalo en xustiza, en dignidade e en paz. Por iso hai que pacificar as nosas relacións, para que sexan fraternais. Iso non é posible mentres non analicemos as causas das guerras, da fame...e tentemos de darlles solución. Non serve a trampa de..."se queres a paz prepara a guerra".É falso. Mesmo insultante. As armas e a prevención...matan!. Para a paz, "o único camiño é vivir e construir paz".

Todos/as estamos chamados a construír a Paz, camiño para un Mundo novo e mellor. Pidamos axuda a Deus pero pondo nós a parte que nos corresponde. El está a chamarnos á conversión (ó cambio) mesmo na traxedia que estamos a vivir no sudeste asiático. A ver cómo respondemos e imos preparando o futuro!

¡Venturoso Aninovo 2005, en esperanza, para todos/as!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES