Os combustibles, polas nubes
Editorial - miércoles, 29 de febrero de 2012
É costumbre, cando os combustibles suben, sacar a relucir o vello chiste do consumidor que non nota a subida porque na gasolineira sempre bota 20 euros. E pode resultar ao precio que sexa, que só notará que lle cunde moito menos a cantidade subministrada, pero esto nótase á larga, e de xeito máis difícil.
Posiblemente sexa a postura do ignorante voluntario un xeito coma calquera outro de soportar as contínuas subidas dos combustibles, especialmente no que se refire a gasolina e gasóleo para o transporte por estrada, que non deixan de incrementar o seu precio, independemente das condicións de compra do crudo, e coa fatalismo coa que os consumidores afrontamos calquera subida inxusta na que non temos a menor capacidade de intervención.
Por se fose pouco, avísasenos de posibles dificultades con Irán, que pode cortar os seus subministros de petróleo a Europa por disensións político-nucleares, co agravante de que Usa estea preparando o terreo para un conflicto dos que normalmente xorden de xeito periódico con especial incicencia nas zonas con importantes riquezas naturais, especialmente productoras de petroleo.
Irán é un dos máis importantes subministradores de petroleo a España, o segundo despois de Rusia, e calquera alteración na relación existente traerá consigo un importante desfase, e un pretexto perfecto para volver poñer polas nubes os líquidos imprescindibles para que a nosa economía e a nosa vida funcione.
Como en calquera punto cara ao que dirixanos as nosas olladas rexistra un conflicto, non nos paramos a pensar moito no precio dos combustibles xa que, mal que ben, o sistema funciona, aínda que cada vez sexan máis caros. O tema pode empeorar. E seguro que empeorará, aínda que sexa artificialmente, para poder exprimirnos mellor.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora