Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abortar

miércoles, 29 de febrero de 2012
Abortar (A J.L.Durán)

Un amigo médico, afeito a escribir de política con aguda mirada crítica cara aos catro puntos cardinais, mandoume un dos seus artigos indicando que “Hoxe non vai de política”. (Opinión. Galicia Digital, 16-12-2011).

Non, non ía de política, ía de humanidade, tratando de xeito crudo, realista, humano, o problema do aborto. Co estrambote grotesto das rapazas de dezaseis anos que poden abortar sen coñecemento dos seus pais.

Non quixera eu ter, por nada do mundo, no meu pensamento - por non chamarlle conciencia- permanentemente, minuto a minuto, noite a noite, a responsabilidade dun aborto. Ten que ser terrible.

E pechamos os ollos colectivamente porque cremos que non nos toca de preto, cando o dano faise a cada un de nós, e a todos os seres abortados, que forman parte da comunidade nosa.

Dise que é materia de conciencia, dereito da muller (Nosoutras parimos, nosoutras decidimos...) pero - o de Nazaret dixit algo parecido- o que teña arrestos abondos (“por mis propios huevos”, di o meu neto de catro anos) que tire a primeira pedra, que borre a primeira célula, que mate o primeiro neno.

Como teño na casa dúas mellizas de nove meses estou especialmente sensible para algúns temas.

En fin, que se daquela non llo dixen ao meu amigo, dígollo ahora. Durán: Saíuche un artigo "macanudo". Aínda que "prediques" no deserto frío da inconsciencia colectiva no que, polo de agora, ata as nenas de dezaseis anos poden abordar sen decirlle nada aos pais.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES