Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amandi: un lugar digno de ser amado

miércoles, 29 de febrero de 2012
Un síntese afortunado de poder ir, volver, e de novo retornar ás terras de Doade e de Amandi, no berce da Ribeira Sacra, e ó mesmo tempo, poder vivir con intensidade as sensacións que nos producen os cinco sentidos. Neste caso eu engado un máis, que é o que os ingleses chaman feeling, que ven a ser a esencia de todos eles nun grado sumo de intensidade, amplitude e profundidade.

Debo de dicir, que cando fun por primeira vez, descubrín un espazo máxico e transcendente, que te atrapa, baila contigo, cóntache contos e te namora. É tal a súa beleza, que un sente estar nas portas do Paraíso, e xa cando proba os seus viños entra de cheo nel.

A intelixencia dos seus moradores está marcada de modo especial no aproveitamento do terreo e dos cultivos, adaptando de forma mestra a orografía – clima - produto. Tendo como resultado viños tan admirados, que dende a época romana eran enviados en ánforas de Gundivós os césares a Roma.

Construíron os actuais socalcos ou bancais, en desniveis que chegan os 500 metros, tendo en conta o microclima e a orientación das vides. Plantan as cepas mirando cara o mediodía, entre pedras, para evitar a diferenza de temperatura día – noite, e favorecer desa forma o equilibrio, crecemento o e maduración, dun froito tan sensible como son as uvas.

Cando as grandes ordenes relixiosas se asentan neste paraíso interior, impulsaron decididamente o cultivo dos viñedos e é a partir deste momento, que as ladeiras énchense de viñas a ámbolos lados do místico Sil.

Estas terras de Doade-Amandi caracterízanse pola súa beleza natural. Unha paisaxe propia ondeada por quen a habitou, a flora e a fauna autóctona, o patrimonio cultural e artístico fan que este espazo sexa único.

As pinceladas de brétema nos días de inverno fan un verdadeiro cadro pictórico cando se observan as bancais dende o Miradoiro Pena do Castelo, lugar máximo - telúrico e relixioso, ónde o espírito estremece ante a grandiosidade da natureza.

Castros, priorados e igrexas románicas como a de Lobios e Pinol, co gran rosetón da estrela de David. O espazo interpretativo da Ribeira Sacra, as esculturas dedicadas ó carreteiro e a Viticultura heroica, fan que a estancia nestas terras sexa sempre entrañable e gratificante.

Nomes como Francos (lugar de repoboación), Mourentán, Vilar de Mouros, Doade, Amandi, son fieis reflexos da riqueza toponímica da zona.

Cando un vai a estas terras, goza das súas vistas,dende os e miradoiros de Soutochao, Pena Castelo, Cadeiras e Santiorxo; das súas adegas, verdadeiros escenarios vivos da cultura do viño; do paseo en catamarán por ese gran mar interior; do recorrido do seu tren turístico mirando os Canons do Sil; da sabedoría e acollida das súas xentes, dos paseos, do descanso e da boa mesa; nese sentido, en Doade e Amandi, hai casas de turismo rural, e restaurantes, onde se pode comer e durmir cun alto nivel de calidade.

Recoñezo que somos uns afortunados ó contar con este espazo da Ribeira Sacra, que é un monumento natural en si mesmo, máxico e sorprendente, é un auténtico tesouro, que temos aí o lado, e que para moitos inda está por descubrir.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES