Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amores tráxicos

martes, 28 de febrero de 2012
Organizado pola concellería de Cultura, vai a ter lugar no salón de actos daquela Casa, o vindeiro sábado, día 3, un Festival dos Namorados, efeméride que cronolóxicamente corresponde ó pasado día 14 por ser San Valentín, o Día do Amor.

A programación tradicional para tal xornada ofrece unha singular novidade: nela vaise a proxectar a filmación do episodio que polo primeiro tercio do século pasado tivo en Foz por protagonistas a dous mozos aos que o apaixoado amor levounos a concebir a idea de morrer xuntos, para endexamais separarse. E para consumar o desexo elixiron como escenario de tan macabro propósito o cemiterio parroquial…

O histórico episodio, consonte coa máis rigurosa realidade, espallouse por toda a comarca; pero foi Xesús Basanta, do Breogán, quen o estudou polo miúdo e levouno ó seu libro “Foz: historias, contos e lendas”, o que fixo que Francisco Piñeiro, profesor, poeta, escritor, autor e actor teatral, extraendo o traballo de Xesús e, co seu dominio da arte escénica e da tecnoloxía requerida, realizou o documental que estamos seguro vai sorprender a curiosidade dos espectadores...

O sentimento amoroso, patrimonio de tódolos humanos, xerou as mais brillantes páxinas da literatura universal, primeira fonte de inspiración de poetas e literatos, músicos e creadores de tódalas artes, acicate de guerreiros, inspirador das mais sublimes accións e dos mais devastadores feitos.

A historia e a literatura inmortalizaron a persoaxes arredor do amor nas súas mais diversas manifestacións.

Por outra banda a poesía e a lenda crearon figuras que foron, e seguen a ser, testemuñas da forza coa que o amor incide nos comportamentos humanos: Calixto e Melibea en La Celestina; o amor ilusorio de don Quijote e Dulcinea, ou o platónico de Cyrano de Bergerac e Roxana na obra inmortal do francés Edmond Rostand; a traxedia amorosa de Romeo e Julieta, de Sakespeare; Os Amantes de Teruel, de Harzembuche; o prototipo romántico de don Juan Tenorio e doña Inés de Zorrilla; o apaixoado romance de Pérez Galdós e doña Emilia Pardo Bazán, ou o non menos vehemente da escritora George Sand e o compositor Federico Chopin; o amor, fraguado a golpe de tuna, de Gerardo e Carmiña en La Casa de la Troya, ou o amor bucólico, puro e sinxelo, pero mancillado, de Martiño e Rosa na lenda A Virxe do Cristal de Curros Enriquez. Mil xeitos, en fin, e mil motivacións distintas que templan as cordas sentimentais dos corazóns, nesa relación agridoce, sempre ilusionante, pero pérfida ás veces, que mesmo conduce á destrucción dos individuos: o Amor.

Na memoria colectiva das nosas xentes permañece o insólito feito daquel intento de suicidio da parella que formaban Emérita e Nicanor, de 18 e 19 anos de idade, para cuxa relación atopaban a oposición familiar… Era o ano 1929. O sábado vindeiro, se o desexas, amigo lector, coñecerás, ou lembrarás polo miúdo o relato, e tamén as súas secuelas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES