Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bocazas na CEOE

martes, 28 de febrero de 2012
Desde tempo inmemorial, temos asumido que as contas do taberneiro non dan coas do consumidor, que cada sector ten un punto de vista propio da súa actividade e conocemento do medio, e os empresarios é difícil que vexan o panorama do mesmo xeito que o aprecian os traballadores. Pero a CEOE parece querer certificar que as posturas nunca conxeniarán nin teñen perspectiva algunha para poñerse de acordo.

Pedir a calquera das partes que se poña no lugar da outra posiblemente sexa un imposible, especialmente se unha das partes manifesta a cerrilidade que demostrou o responsable de economía da CEOE, cando se manifestou disposto a retirar o subsidio do paro a un traballador que non aceptase unha oferta de traballo, aínda que fose en Laponia, afirmando días despois que precisamente Laponia é un fermoso lugar con traballos intensos de temporada moi ben remunerados, patria de Papa Noel.

Será imposible explicarlle ao representante da gran patronal o difícil que para un traballador é cambiar xa non de país senón de cidade ou pobo para aceptar un posto de traballo, cunha familia detrás, cuns colexios, hábitos de vida, parella con ou sen traballo... Aceptar unha oferta de traballo no mesmo lugar non implica riscos. Todo desplazamento ten consigo un trasfondo moito máis importante que, polo que se ve, o representante dos patróns non sabe, non pode ou non quere ver.

Que o sistema de subsidios ten que ser controlado e, se cabe revisado, é verdade, ou pode selo. Pero baixo ningún concepto pode ser abordado con tanta frivolidade por parte do primeiro chamado a estudialo en serio. E os bocazas o primeiro que conseguen é desprestixiar a súa opinión, ao opinante, e a quen representa. Neste caso, o bocazas foi o representante da CEOE ao que sen dúbida – hai milleiros de empresarios sensatos e responsables- débenlle cantar os oídos, e estaranlle tirando polas orellas coa intensidade que o caso merece.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania