Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

La Coruña

jueves, 30 de diciembre de 2004
Eu son autor do guión dun video titulado "La Coruña: luz, piedra, mar, cristal...", que se publicou hai unha ducia de anos cando "La Coruña" era o topónimo vixente na cidade na que ninguén é forasteiro, como rezaba un slogan dos anos sesenta, e que a historia considera "cabeza, guarda y llave del Reino de Galicia".

Houbo logo un tempo no que ese título era política e lingüísticamente incorrecto, xa que o topónimo variou por lei e houbo que denominar "A Coruña" á cidade que perdeu a capitalidade porque o resto de Galicia sempre lle tivo un aquel de distancia por notar un atisbo de prepotencia colectivo diante do resto do País.

Na cidade houbo un forte movemento de repulsa pola perda da "L", que seguiu manténdose por parte da institución municipal contra tódolos ventos e mareas.

Na lingua coloquial galega non era nin "La Coruña" nin "A Coruña" senón simplemente "Coruña", por aquelo de librarse da controversia e acudir á fórmula máis directa.

Moitos anos despois, agora mesmo, o concello coruñés segue a "mantenella e no enmendalla", e utiliza "La Coruña" cando en castelán se expresa e "A Coruña" para facelo en galego.

Pero todo volve ó seu rego, se é que hai rego e a el debe volverse, e a Xunta parece disposta a devolverlle o "L" ó alcalde coruñés, para contentar a tódolos que fan bandeira dunha letra.

O meu título volverá ser correcto. A Coruña volverá ser "La Coruña". Son "moi seus" os coruñeses. O da "L", a fin de contas, é só un pretexto.

Por eso non é esta cidade hoxe a capital de Galicia. Por eso o resto desta fin do mundo preferiu Santiago como capital do noroeste cando a historia, as comunicacións, o turismo, a apertura ó mundo defendían a candidatura coruñesa.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES