Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imos ao notario

viernes, 24 de febrero de 2012
Nos meus tempos, o que quería casar tiña un único camiño: Primeiro acudías á Igrexa e, rematada a cerimonia, acudías ao xulgado para deixar constancia oficial e completar os trámites.

Agora os procedementos son moi variados, e manténdose vixente o procedemento anterior, unha parella pode casar –xa non digamos polos ritos celta ou zulú, que de todo hai- polo rito municipal ou xudicial, manténdose sempre a idea inicial de que quen casan son eles, non os casa ninguén, actuando simplemente o oficiante como testemuña por parte da sociedade á que pertencen.

Agora, tamén os notarios van poder casar e descasar, segundo se desprende da tendencia indicada polo actual goberno.

Eso ven coincidir cunha miña xa vella idea, que teño opinado que a solución para os que non queiran comprometerse cun matrimonio en toda regla, podían acudir a un notario, crear unha sociedade limitada –condición sine qua non é que sexa limitada- e a funcionar como unha empresa de dous que vai ben mentras vaia ben, e un notario é tan bon testigo como calquera outro á hora de certificar que unha parella pode oficialmente camiñar na mesma dirección, conxuntamente.

O goberno venme dar a razón, e aos notarios unha posible fonte de traballos e ingresos que nestes tempos nos que escasean outro tipo de operacións nunca son desdeñables.

Supoño que ao remate, cando asinen os contraentes, no lugar de animalos a que se biquen animaranos a irse a dar de alta no Imposto de Actividades Económicas. Que non “poñerᔠtanto, pero tamén ten o seu “aquel”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES