Deudor ou acreedor?
Editorial - viernes, 24 de febrero de 2012
A pregunta de cal é a posición máis cómoda, se a de deudor ou a de acreedor, ten unha resposta tópica en Galicia, que ven ser depende. Depende da cantidade: Se a cantidade é pequena, o problema é para o deudor. Se é moi grande, o problema é para o acreedor.
A nova coñeceuse recentemente, tendo como protagonista o empresario de Nupel, suxeito a procedemento legal, involucrado nunha famosa operación, que conseguíu a liberdade a raiz dunha suposta confesión na que involucraba a altos cargos dos tres principais grupos políticos de Galicia.
O problema de Nupel, ademáis das cuestións de tipo legal, é unha débeda de máis de cincuenta millóns de euros, na que están involucradas entidades bancarias e de aforro e empresas privadas, débeda que corre serio perigo de non poder ser cobrada se a situación creada segue a deteriorarse e a empresa Nupel non volve a unha actividade que se supoñía excepcionalmente rendible.
O empresario propón aos seus acreedores unha solución que pode entender como salomónica, que consistiría en que todos se esquecesen do 25% da da débeda e se conformasen con cobrar o restante nun prazo de cinco anos. Ou esto ou nada, porque parece ser que non hai outra saída.
A cantidade é tan importante como para que preocupe aos acreedores, porque ao debedor non parecen telo demasiado preocupado. Co que parece demostrarse que en grandes cantidades é máis cómodo o papel de debedor que o de acreedor.
É un pouco triste chegar a esa conclusión. E comprobar, unha vez máis, que as entidades bancarias de xeito especial conceden alegremente créditos de cantidades multimillonarias mentras que se mostran excesivamente cautas, miserablemente tacañas con pequenas contías destinadas a solucionar problemas de persoas ou empresas que sempre han cumprir cos seus compromisos.
Por eso hai moita xente que considera un heroe o que consegue burlar a unha entidade financeira extrapolando a este sector o vello aforismo que afirma que quen rouba a un ladrón ten cen anos de perdón.
Esto é para tomar nota, por se algún día cambian as tornas e os pequenos clientes das entidades volvemos a ter presencia e importancia. Porque ese vintecinco por cento que lle rebaixen a Nupel as entidades crediticias vámolo pagar todos nós.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora