Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gargalladas no cemiterio Highgate

viernes, 24 de febrero de 2012
A resposta do pobo ante esta Reforma Laboral foi contundente.

Non esta morto nin estaba de parranda, a dignidade dun pobo está na loita contra aqueles que o queren someter. Os anteriores gobernantes comezaron a desfeita, pero estes de agora só levan dous meses e de repente recuamos ata os anos 50 nos dereitos polo cal moita xente loitaron moito tempo.

Mentiron e romperon promesas electorais nada máis chegar ao poder, permitiron que o fraude fiscal aumente, subiron impostos, baixaron os soldos e conxelaron as pensións.

Malgastan o diñeiro público para contentar a sectores afíns ás súas políticas e están a salvar os bancos co diñeiro de todos co voto dos saíntes, usando ese diñeiro para o seu propio lucro en lugar de fomentar o acceso ao crédito. Para rematar, intentan calar agredindo brutalmente en Valencia a aqueles que ousaron protestar e facendo unha política do medo.

Agora xa non somos cidadáns nin contribuíntes; agora somos “o inimigo”, segundo as palabras do xefe de policía de Valencia. Ata o Sindicato Unificado de Policía pide a dimisión da delegada do
Goberno por “intentar matar moscas a cañonazos”. Os policías tamén son cidadáns, pero xamais teñen que refuxiarse na obediencia debida cando as ordes aplicadas con saña van en
contra da Constitución.

Desde que comezou esta estafa en Europa, no cemiterio Highgate de Londres polas noites escoitase unha risa de ultratumba entre as lápidas que pon os pelos de punta, unha imaxinaria persoa fixo noite no cemiterio e atopou ao orixe das gargalladas, saían da tumba do máis ilustre inquilino : Karl Marx. Este pensador do século XIX, xa anticipaba unha crise-estafa como esta, agora cando o capitalismo global degrada o planeta, as condicións de vida e a supervivencia, este grande pensador de Tréveris está máis vivo que nunca.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES